TERCEIRA FICHAXE DO CD AS PONTES

As tres últimas incorporacións veñen a compensar as baixas de Borja, Morrys e Álvaro Rey.

327

As tres últimas incorporacións veñen a compensar as baixas de Borja, Morrys e Álvaro Rey.

O CD As Pontes fixo a súa, de momento, última fichaxe de inverno. Trátase do defensa murciano de 22 anos recén cumpridos, Abraham Hidalgo, que pode xogar tanto de central, como en ambos laterais.

O futbolista xogou na Terceira División Murciana co mítico Cartagena, Deportivo Minera, e actualmente estaba no Mar Menor. Trátase dun xogador contundente, que domina o xogo aéreo, ambidestro, e con bo golpeo de cabeza.

O As Pontes incorporou a este defensa, que suple a baixa do central almeriense Borja López, ó centrocampista Diego Núñez, pra reemplazar ó medio centro granadino Morrys, e ó media punta brasileño Caique Gouveia, en lugar do dianteiro de Cabanas, Álvaro Rey.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios