CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: RESULTADOS 4-7-8 / XANEIRO /2017

Vitorias no inicio do ano do Feminino, Alevín B e Benxamín A

382

Vitorias no inicio do ano do Feminino, Alevín B e Benxamín A

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD AS PONTES – SD RÁPIDO DE NEDA (3-1)

Vitoria no comezo de ano do Feminino pontés 3-1 ante o Rápido de Neda, co que as de Julio Montero rematan a primeira volta nunha moi boa terceira posición con 38 puntos, a dous de O Val B e a oito de Cultural Maniños.

Comezarán a segunda volta recibindo ó sempre perigoso San Sadurniño, sexto, e co que perderon no inicio de Liga 4-3.

A pesar de comezar perdendo no inicio do encontró con tanto de Ángela, a gran Carlota empataba a pouco do descanso. Xa no último tramo do segundo tempo marcaron Nuria e Noelia Ameneiro establecendo o resultado definitivo.

Xogaron Leti, Yoli, Uxía, Nuria, Indira, Noelia Ameneiro, Vicky, Xeila, Carolina Rodríguez, Carlota e Verónica.

O equipo remata esta primeira volta con doce triunfos, por dous empates e dúas derrotas. Vinte goles en contra por 43 a favor que se distribúen entre Carlota (13), Paula Castro (10), Noelia Ameneiro (5), Paula Baamonde (4), Nuria (3), Indira (2), e Yara, Yoli, Alba, Verónica e Carolina Paz (1), descontando un tanto en propia meta.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES (Descansa)

Descansou esta xornada o Xuvenil, o que aproveitou o Meirás para alzarse ó liderado con pleno de cinco triunfos e 15 puntos. As Pontes e Eume teñen 13, e Narón e Mugardos 12. Na vindeira xornada os de Felipe Mieres recibirán precisamente ós mugardeses.

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
ÁNIMAS SRD – CD AS PONTES (5-2)

Derrota do Cadete 5-2 na súa visita ó líder Ánimas. Os ferroláns venceron con dous tantos de Óscar, Alejandro, Jonathan e Lucas, dous conseguidos de penalti, mentres que polos de Rubén Pardo logrou un doblete Vicente.

Xogaron Juan, Eyob, Xavi, Nono, Antonio, Santi, Adrián, Antón Paz, Vicente, Xan, Jose, e entraron despois Azoin, Jorge, Mohamed e Antón Cillero

Novenos con catro puntos reciben ó CD Narón B, que ten seis antes de xogar este domingo no derbi ante o Narón O Freixo.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
AD MIÑO – CD AS PONTES (4-2)

Derrota do Infantil 4-2 na súa visita a Miño, tantos nos últimos minutos de Hugo Blanco e Jandro López.

Sextos con tres puntos, visitan ó CD Narón B, que precisamente venceu 6-1 ó Miño no inicio ligueiro, e este domingo visitan ó Rápido de Neda.

Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Alejandro, Xose, Samuel, Dani, Sergio Hermida, Mario Fraga, Jandro, Hugo, Manuel, e despois entraron Edgar, Mateo e Sergio Paz.

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
SDCR NARÓN O FREIXO B – CD AS PONTES (5-2)
CD AS PONTES B – RACING DE FERROL C (5-0)

Os máis pequenos do fútbol 8 non tiveron descanso de Reis, e o Alevín A perdeu 5-2 ante o Narón O Freixo B, tantos de Paula Bellas e Anxo Rey. No mesmo grupo o Alevín B venceu 5-0 ó Racing de Ferrol B, tres tantos de Anxo Blanco, e un de Carlos Villasuso e Xandre Fernández. Equipo B e A son cuarto e sexto con tres puntos. Os primeiros reciben ó Cariño e os segundos vistan ó Racing de Ferrol B.

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – FC ORTIGUEIRA (10-0)
RACING DE FERROL B – CD AS PONTES B (6-4)

Goleada do Benxamín A 10-0 ante o Ortigueira, tantos de Sergio Vázquez (3), Destaw Pellón (3), Eric Souto (2), Adrián Díaz e Alejandro Leal. Líderes con nove puntos visitan ó colista O Val B. O Benxamín B perdeu 6-4 na súa visita ó Racing de Ferrol B. Nun encontro con ata tres goles en propia meta, marcaron polos azuis Xoel Vigo e Nicolás Meizoso. Sen estrear o casilleiro de puntos reciben ó Perlío, na mesma situación.

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
RACING FERROL – CD AS PONTES (5-4)
CD AS PONTES B – CULTURAL MANIÑOS SD (3-5)

Derrota meritoria 5-4 do Prebenxamín A na súa visita á todo un Racing de Ferrol, quen a pesar de comezar perdendo 0-2, acabou remontando. Tantos azuis de Íker Ares (2), Xandre Domínguez e Felipe Riveira. Quintos con tres puntos, reciben ó Galicia de Caranza, terceiros con catro. Derrota do Prebenxamín B 3-5 ante a Cultural Maniños. Os azuis chegaron a ponerse 3-2 con tantos de íker Díaz (2) e Xoel Galego, pero tres tantos consecutivos de Bruno, que anotou catro no encontro, deron o triunfo ó líder fenés. Oitavos con tres puntos visitan ó Cedeira, cuarto con seis.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios