TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 0 – CÉLTIGA FC 1

O Céltiga agárrase á salvación e o As Pontes achégase á Preferente.

481

O Céltiga agárrase á salvación e o As Pontes achégase á Preferente.

Con moi mal pé comezou o ano o As Pontes, xa que agotou parte das súas posibilidades de permanencia ó caer contra un rival directo e estar xa a oito puntos da salvación.

Nun encontro non moi brillante, os pontevedreses leváronse os tres puntos cun gol xusto antes do descanso.

Comezaba apretando o As Pontes, e así, tras un primeiro aviso cun centro chut de Buyo que se pasea pola área visitante (5´), puido marcar Pardo, pero o disparo do xogador de Ortigueira acabou no poste (9´).

Respondeu o conxunto pontevedrés, e tras unha acción na que o equipo local non soubo despexar o balón, acabou rematando Marcos, e despexando Paco a córner (17´). Logo é Ramos quen centra perigosamente ó área pero acaba salvando o perigo Bermúdez (26´).

Nos últimos minutos do primeiro tempo chegou máis o cadro branquivermello, e un mal despexe de Criado cara á súa porta acabou nun susto (35´). Logo é Yun quen remata dende fóra da área alto sen oposición (38´).

Foi ó fío do descanso que anotou o Céltiga o tanto que lle valeu os tres puntos. Gol dos que doen na parroquia local. Perde o balón no medio Ramos, non despexa de primeiras Callón, e a xogada acaba en córner.

No saque do mesmo, e tras despexar o perigo en primeira instancia, na segunda xogada, aínda con todos os xogadores locais na súa área, quedou completamente só o coreano Yun, que marcou dunha preciosa vaselina (45´). Aí acabou o primeiro tempo.

No segundo os locais foron a polo empate, e os visitantes adicáronse a buscar as contras e que pasaran os minutos.

Un perigoso tiro de Pardo sacao un defensa co corpo (59´) e pouco despois o xogador de Ortigueira tivo a mellor ocasión, tras unha boa triangulación con Ramos, queda só, dispara, despexa Bermúdez, e ó rexeite do gardamallas, coa porta baleira, non chega por un palmo Ibu (65´).

Os visitantes tamén tiveron a súa nun remate de cabeza de Marcos tras córner que saca Prieto co corpo baixo paus (69´). Logo é Callón quen salva un avance do habilidoso xogador coreano (72´).

Nun centro de Ramos ó área chega antes o porteiro visitante que Pardo (73´). Logo é Samu quen obriga a estirarse a Bermúdez nunha falta ó borde da área (74´).

Os últimos minutos foron un quero e non podo dos locais, e o Céltiga tampouco soubo aproveitar as súas escasas pero perigosas contras. Cun avance en superioridade visitante que salva un tocado Callón (91´), rematou o partido, co que o Céltiga da un paso cara a salvación e o As Pontes cara a Preferente.

Malas sensacións do conxunto local. A pesar das fichaxes, o equipo afrontou o encontro cos efectivos xustos, necesítase urxentemente un futbolista con gol, e no histórico de encontros entre ambos equipos no Poboado, nunha campaña de récords negativos, primeira vitoria visitante do Céltiga polos anteriores tres triunfos locais e unha igualada.

Quizáis do pouco a resaltar, o debut do central murciano Abraham Hidalgo, que deixou boas maneiras. O arbitraxe non foi moi bo pero non influiu no resultado.

Importante visita a semana que vén a Cangas, para xogar contra un Alondras que, aínda cun gran plantel, está só dous puntos por riba do descenso, e esta xornada perdeu 5-0 en Castro.

Un Céltiga xa catro puntos por riba do descenso, recibe a un Dubra que ó igual que os ponteses perdeu un dos seus últimos vagóns da salvación ó caer na casa 1-3 ante o Ribadumia.

0 CD As Pontes. Paco, Criado (Samu 63´), Buyo, Callón, Abraham, Prieto, Ramos, Rubio, Ibu, David, Pardo.

1 Céltiga FC. Marcos Bermúdez, Paco, Marcos, Emi, Castro, Carlos, Nelo, Javi, Yun (Hugo 92´), Machu (Ramón 76´), Jonny (Chiqui 81´).

Goles: 0-1, Yun (45´).

Árbitro: Alejandro Del Río Amor (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Lago Barros e Recarei Añón. Amarelas a Abraham, Ibu, Paco (visitante), Castro e Machu.

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores en tarde fría e soleada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios