Nota de prensa BNG: Unha residencia xeriátrica pública para As Pontes

A iniciativa do BNG debaterase o martes 18 de xaneiro na Comisión de Sanidade do Parlamento.

397

As Pontes, 14 de xaneiro de 2017. O pasado mes de novembro, logo das eleccións galegas, o BNG das Pontes invitou á Portavoz Nacional, Ana Pontón, e ao Deputado Xosé L. Rivas -Mini-, a un acto público para escoitar as propostas e demandas dunha veciñanza moi participativa que encheu a Casa Dopeso. Produto dese encontro, o Grupo Parlamentar do BNG rexistrou varias iniciativas de diferente contido no Parlamento Galego.

Unha delas fai referencia á construción e xestión dunha residencia xeriátrica pública no noso concello por parte da Xunta, unha vella reclamación veciñal, aínda máis xustificada na actualidade polo progresivo avellentamento da súa poboación, acentuado pola perda de mocidade diante da falta de perspectivas de traballo.

A Casa da Terceira Idade xunto co Centro de Día e as Vivendas Interxeracionais -impulsadas polo BNG no Bipartito da Xunta-, son as únicas infraestruturas públicas nas Pontes para a atención da xente maior, namentres que as residencias públicas ou privadas con prazas concertadas están a máis de 30 quilómetros.

O BNG insta á Xunta na súa iniciativa a iniciar os trámites administrativos e a dotación de fondos públicos para a construción da residencia xeriátrica pública nas Pontes neste ano 2017.

A iniciativa está incluída no terceiro punto da orde do día da Comisión de Sanidade que celebrará sesión o vindeiro martes, 17 de xaneiro, ás 10:30 horas, debate que poderá verse, en directo, na web do Parlamento (www.parlamentodegalicia.com)

ASEMBLEA LOCAL DAS PONTES

Descargar documento da proposición non de lei presentada no Parlamento Galego

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios