TERCEIRA DIVISIÓN. ALONDRAS CF 8 – CD AS PONTES 0

O As Pontes recibe a maior goleada da súa historia en encontro oficial.

470

O As Pontes recibe a maior goleada da súa historia en encontro oficial.

Nunha triste tempada de récords negativos, o As Pontes escribiu hoxe o seu capítulo máis pobre ó caer en Cangas por un escandaloso 8-0. E iso que o equipo do Morrazo apenas levaba 19 goles marcados no que vai de tempada.
O peor de todo é que é a maior goleada que recibe o equipo pontés. Recórdase un 8-1 en Gáldar (1995), ou un 7-0 en Bouzas (2010). O As Pontes tamén recibiu sete tantos, na época do Calvo Sotelo, co Compostela (7-1, 1965), Gran Peña Celtista (7-1, 1967), Atlético Pontevedrés (7-2, 1972), e xa sendo Endesa, co Avilés (7-1, 1996).

Pouco máis hai que dicir dunha triste tempada, na que os socios e afeccionados, poucos, pero fieis, non teñen nada que celebrar. Marchou a práctica totalidade do plantel do ano anterior. Fíxose un equipo a contrareloxo con xogadores moi novos. Plantel no que os futbolistas entran e saen. O corpo técnico fai o que pode, como única cabeza visible do clube, con toda a complicada papeleta que lles quedou enriba. Os equipos de base van tirando cara adiante como poden. E nada se sabe da situación institucional e económica do clube.

O encontro de hoxe púxose costa arriba coa expulsión de Paco ós quince minutos. O campión Mundial Xuvenil Pablo Couñago, que levaba seis tantos na campaña, anotou hoxe tres. Mauro, Alejandro, Fondevila, Rubén, e un desafortunado tanto en propia meta de Edi preto do final, redondearon o 8-0. O conxunto cangués tomou cumprida revancha do 4-0 da campaña 2012-13, e do 6-0 da 2013-14 en Campo do Poboado.

O As Pontes segue penúltimo con 13 puntos, porque o Ordes tampouco puntúa, aínda que é o equipo menos goleador da categoría con apenas 15 tantos, distribuidos entre Edi (5), Pablo Ramos (4), Pardo (2), Ibu (2), Callón e Marcote.

A semana que ven o As Pontes recibe ó Castro, que a día de hoxe sería o primeiro dos descendidos, e vai nove puntos por riba dos azuis. Equipo que, cun presuposto xustiño e na súa primeira campaña na Terceira, está dando todo un exemplo.

Xogaron Paco, Prieto (Caiquinho 46´), Buyo (Rafa 16´), Callón, Abraham, Edi, Pablo Ramos (Criado 62´), Diego Núñez, Fran Cortés, Pablo Rubio e Rubén Pardo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios