SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. CD ZALAETA ARTEIXO – CR FENDETESTAS (15-28)

Os ponteses comezan a segunda volta e o 2017 coa quinta vitoria na Liga.

247

Os ponteses comezan a segunda volta e o 2017 coa quinta vitoria na Liga.

O Fendetestas de Rugbi pontés comezou con bo pe o 2017, e ao mesmo tempo o inicio da segunda volta de Liga, tras vencer ó Zalaeta de Arteixo por 15-28, e anotando ademáis catro ensaios logrou o bonus ofensivo. Na ida gañaran no Monte Medulio 38-19.

O conxunto pontés xogou con Moncho, Lois, Pastel, Mariño, Antón, Ramiro, Andrés, Jabato, Joel, Kiko, Toño, Huesy, Antón, Iván, Luis e Robert, entrando no segundo tempo Xose, Moeche e Roberto.

Anotaron os ensaios Iván, Huesy, Toño e Antón, e os catro correspondentes lanzamentos a paus Kiko.

Foi esta unha xornada de triunfos visitantes pois o Santiago venceu en Ourense 10-34, e o líder coruñés ao Barbanza 24-43.

A clasificación segue liderada polo Crat A Coruña B, con 31 puntos, por 24 dos verdes, segundos, e 22 do Santiago. Zalaeta e Kaleido Universidade de Vigo B teñen 17, C.Universidade de Ourense Coosur B, 11, e cun punto Barbanza.

Esta fin de semana os verdes reciben ó conxunto ourensán e terán a oportunidade de resarcirse do 35-19 da ida e seguir apretando na loita polo primeiro posto.

Nova Cortesía de Xose Cendán e X.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios