CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 20-21-22 / XANEIRO /2017

Logo de recibir unha severa goleada en Cangas, a maior da súa historia, o As Pontes ten por diante un futuro moi negro e este domingo recibe ó Castro, un rival directo

244

Sen dúbida algunha, esta tempada está a ser a máis triste de toda a historia so fútbol pontés dende 1933. Unha tempada con marcas negativas en todo, seren o equipo menos goleador, un dos máis goleados, cun plantel feito ás presas e a última hora dada a desbandada de case todo o primeiro equipo da anterior campaña, con fichaxes e baixas en poucas semanas, con xogadores vidos de lugares tan dispares como Senegal, Almería, e ultimamente de Brasil e Murcia, sen tempo para adaptarse ó equipo. E os equipos de base van saíndo cara adiante como poden e co que lles quedou, pois aquí tamén houbo fuxidas.

E os poucos afeccionados que van ó Poboado a sufrir xornada a xornada están a ver que isto non ten trazas de solución. O máis lamentable é que non se dá ningunha explicación do que está a pasar nos últimos tempos, sobre todo no aspecto económico e o futuro do Club.

En canto ó partido deste domingo contra o Castro, sinalar que tal e como están as cousas, preséntase cun resultado incerto, cun Castro que, aínda que ocupa posto de descenso, vén de sumar catro puntos nas dúas últimas xornadas, ante o Vilalbés (3-3) e golear ó Alondras (5-0), equipo que lle endosou ó cadro pontés a maior goleada da súa historia (8-0) na primeira xornada da segunda volta. Pese a estar na 17ª e 19ª posicións, hai un diferenza de 9 puntos entre chairegos e ponteses. Na primeira volta, vitoria pola mínima do Castro (2-1) grazas a dous penaltis cando o As Pontes ía gañando por 0-1 e semellaba que sumaría os tres puntos.

No Poboado hai cinco encontros anteriores, todos na Preferente, con empate a cero goles na primeira confrontación en 2005/06 e logo catro vitorias seguidas do As Pontes por 3-1, 2-1. 3-1 e 2-0 na derradeira tempada (2009/10).

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (22ª xornada)
C.D. AS PONTES – C.D. CASTRO
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
Domingo 22 de Xaneiro de 2017 (16:30 h)
ÁRBITRO: DANIEL VILAR ÁLVAREZ (Pontevedra)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
UD CEBARCA – CD AS PONTES
Campo Municipal (A Barqueira)
Sábado 21 de Xaneiro de 2017 (16:15 h)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
EUME DEPORTIVO – CD AS PONTES
Campo da Gándara (Pontedeume)
Sábado 21 de Xaneiro de 2017 (16:30 h)

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – EFB AMISTADE MEIRÁS
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 21 de Xaneiro de 2017 (16:00 h)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – CEDEIRA SD
Campo do Poboado (As Pontes)
Venres 20 de Xaneiro de 2017 (16:45 h)

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – CD SAN SADURNIÑO
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 21 de Xaneiro de 2017 (10:00 h)
EUME DEPORTIVO – CD AS PONTES B
Campo da Gándara (Pontedeume)
Venres 20 de Xaneiro de 2017 (18:15 h)

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – SD RÁPIDO DE NEDA
Campo o Poboado (As Pontes)
Sábado 21 de Xaneiro de 2017 (11:10 h)
CEDEIRA SD – CD AS PONTES B
Campo do Beco (Cedeira)
Sábado 21 de Xaneiro de 2017 (12:00 h)

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
NUMANCIA DE ARES – CD AS PONTES
Campo de Prados Vellos (Ares)
Sábado 21 de Xaneiro de 2017 (11:30 h)
CD AS PONTES B – RACING DE FERROL C
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 21 de Xaneiro de 2017 (12:20 h)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios