TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 – CD CASTRO 1

O As Pontes so puido conseguir un empate a pesar de dispoñer de boas ocasións no treito final.

486

Non puido, unha xornada máis, conseguir o triunfo o As Pontes, que apenas logrou un empate ante un rival directo como o Castro, a pesar de dispoñer dalgunha boa ocasión no treito final do encontro.

Nun partido no que o atacante visitante Iván González regresaba á que foi a súa casa, a primeira aproximación de perigo tívoa o conxunto local, pero non soubo aproveitar o brasileño Caique un balón que lle queda morto dentro da área (8´).

Hoxe debutaban no Poboado tres xogadores. O medio lucense Diego Núñez, que aportou presencia, o murciano Fran Cortés, con algún detalle de calidade, e algo menos se viu ó atacante brasileño.

O conxunto lucense, pese a debutar esta campaña na Terceira División é un equipo moi ben traballado, e así, un perigoso centro dende banda dereita despexao Rafa cos puños (15´), e noutro balón colgado, o esférico pasease pola área local, acabao rematando Adrián incorporándose ó segundo pau, e despexao baixo paus Prieto (19´).

Logo replica o conxunto local. Internase por banda dereita Pardo, gañalle a partida ó lateral, pero desgraciadamente centra outorgándolle o balón ó defensa cando tiña dous compañeiros sós (23´).

Logo, tras un pase en profundidade, gañalle a partida ó seu marcador Fran Cortés, pero o seu tiro desvíao estirando o brazo Manu Cedrón (27´).
Antes do descanso chegou o gol local. Nunha falta lonxana botada por Edi, o balón toca o xusto na barreira para despistar a Manu e acabar no fondo das mallas (40´).

Sexto gol da temporada para o batallador capitán, case a metade dun equipo con apenas 16 goles marcados, o menos anotador da categoría.

Pero sorprendentemente e pese ó que quedaba de encontro, o As Pontes recuou moito tralo gol, e a pouco da reanudación, nunha xogada na que rematou moi só no vértice da área Omar, acabou marcando dun forte disparo axustado ó segundo pau (55´).

O As Pontes foi a polo segundo, e a unha boa internada de Pardo, que remata por alto (65´), sucedeulle unha ocasión clarísima.

I é que Manu non consegue atallar o balón, e a apenas dous metros da liña de gol e coa porta baleira, remata por alto a bote pronto Pablo Ramos, que quizais non a agardaba (66´). Logo é o propio Ramos quen avanza dende o centro do campo, cedella a David, que dispara, e atalla Manu Cedrón (68´).

Os visitantes buscaban as contras, pero era o equipo de Marco Roca o que levaba máis perigo. Volve a marcharse por banda dereita David González e o seu centro pasease pola área visitante (80´). Logo tívoa moi clara Ibu, a quen lle quedaun balón morto dentro da área, avanza, pero o seu forte disparo vaise ó corpo do porteiro (85´). O mesmo xogador tivo a última do encontro, de cabeza, tras un córner, e o balón marcha desviado (89´).

Non houbo tempo para máis, e os visitantes rescataron un valioso punto, que sen embargo sabe a pouco na parroquia local, que nestes vintedous encontros disputados apenas puido saborear dous apurados triunfos ante Ordes e Ribadumia.

O As Pontes segue penúltimo con 14 puntos, os mesmos que o Dubra, e a próxima semana ten unha complicada visita ó veciño Vilalbés, terceiro. O Castro é cuarto pola cola con 23 puntos, a un triunfo da salvación. Precisamente a semana que vén reciben ó Dubra nun partido moi importante para ambos conxjuntos.
Primeiro enfrontamento de As Pontes e Castro no Campo do Poboado en Terceira División, anteriormente cinco en Preferente. Catro vitorias locais e segundo empate.

CD As Pontes. Rafa, Prieto, Buyo, Callón, Abraham, Edi, Pablo Ramos, Núñez (David González 62), Fran Cortés, Caique (Ibu 81´), Rubén Pardo.

CD Castro. Manu, Mariño, Javicho, Rucho, Suso, Nano (Alvarito 71´), Omar, Xaime, Adrián, Tichu, Buide (Iván González 66´).

Goles: 1-0, Edi (40). 1-1, Omar (55´).

Árbitro: Daniel Vilar Álvarez (Pontevedra). Auxiliado por Soage Fernández e Fontán Ruiz. Amarelas a Abraham, Edi, Núñez, Fran, Rucho, Omar, Xaime, Alvarito, Manu e Buide. 

Campo e incidencias: Uns 150 espectadores, moitos visitantes. Tarde fría e soleada. 

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios