SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS 102 – CAMPUS UNIVERSITARIO OURENSE COOSUR B 0

Os ponteses logran a sexta vitoria da temporada

338

Triunfo moi avultado do Fendestas no encontro deste domingo á mañá no Campo Monte Medulio.

O resultado foi tan amplo que o propio marcador tivo que quedar no 97-0 por carecer de tres díxitos.

Ben é certo que o conxunto ourensán chegaba a As Pontes con varios xogadores menos, cousa que se notou, sobre todo co paso dos minutos. Ademáis, incluso preto do final, un xogador visitante mareouse e tivo que abandoar o campo.

Os verdes chegaban coa espiña de perder en Ourense 35-19 e abofé que se resarciron. Anotaron ata dezaseis ensaios e por tanto 80 puntos, unha media de un cada cinco minutos. Tres ensaios anotaron Andrés Jabato, Luis e Antón, dous Brul, e un Mariño, Kiko, Huesy, Cinti e Joel. O propio Kiko anotou en 11 dos 16 lanzamentos a paus, sumando 22 puntos máis.

No resto da xornada tamén gañou contundentemente o Zalaeta ante o Barbanza 0-94, e máis axustado foi o 32-28 do Santiago ao Kaleido Universidade de Vigo B.
Segue líder o Crat A Coruña B con 31 puntos e un encontro menos. Séguelle o Fendetestas con 29 e o Santiago con 27. Zalaeta ten 22, Kaleido Universidade de Vigo B 19 e un partido menos. Con 11 está Campus Universitario Ourense Coosur B, e un punto para Barbanza.

A vindeira semana o Fendetestas xogará en terras viguesas. Na ida 26-17.

Antes do inicio do encontro homenaxeouse a Xose Cendán, Joel, Cynthia e Carla, que foron premiados na Gala do Deporte pontés.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios