Liga Local de Futbol Sala de As Pontes

Este pasado domingo día 22 Xaneiro ven de disputarse a decimo primeira xornada na Liga Local de Futbol Sala de As Pontes, segunda desta segunda volta.

215

Este pasado domingo día 22 Xaneiro ven de disputarse a decimo primeira xornada na Liga Local de Futbol Sala de As Pontes, segunda desta segunda volta. Unha xornada que arrincaba cun apaixoante encontro no que a Unión Futbol Sala impuxose ao Matojoma-Las Torres por 5 goles a 3 o que fai que a Unión Futbol Sala manteña a terceira plaza na clasificación provisional e se reafirme como unha das sorpresas desta tempada. A continuación o enfrontamento entre o Husse-Barbarroja e o Pinturas Colormix saldouse con empate a dous tantos, resultado xusto pero que non deixou contento a ningún dos dos conxuntos. No siguiente partido o Ribadeume F.S. goleou ao colista o N.G. UB2 FUTSAL por 7 goles a 3 o que lles permite aos do Ribadeume F.S. tomar certa distancia sobre os dous últimos clasificados. No partido da xornada enfrentabanse os dous primeiros clasificados A Cova dos Trasnos e o Estanco Maricarmen que se saldou con victoria do Estanco Maricarmen por 0 goles a 3, convertindose así no novo lider da competición con dous puntos de ventaxa sobre o seu rival nesta xornada. No encontro que cerraba a xornada o Bar Calvo gañaballe a O Esteo F.S. “B” por 5 goles a 3 cortando así a racha de tres derrotas consecutivas que o alexaron da loia polo primeiro posto da táboa clasificatoria.

En canto á loita por ser o máximo goleador da competición, Diego Polo da Unión Futbol Sala cos seus dous goles nesta xornada segue ao frente desta particular clasificación con 21 dianas seguido moi de preto por Airon do Bar Calvo con 19 goles no que parece que será un man a man entre estes dous xogadores ata que remate a competición por ver quen é o máximo goleador xa que o seguinte no ranking é Diego Pellón do Estanco Maricarmen con 14 goles.

LIGA LOCAL DE F.S. AS PONTES TEMPORADA 2016/2017

XORNADA Nº 11

5 UNION FUTBOL SALA MATOJOMA-LAS TORRES 3
2 HUSSE-BARBARROJA PINTURAS COLORMIX 2
3 N.G. UB2 FUTSAL RIBADEUME F.S. 7
0 A COVA DOS TRASNOS ESTANCO MARICARMEN 3
5 BAR CALVO O ESTEO F.S. “B” 3

CLASIFICACIÓN

POSTO EQUIPOS PX PG PE PP GF GC PUNTOS
ESTANCO MARICARMEN 11 8 3 0 43 30 27
A COVA DOS TRASNOS 11 8 1 2 45 20 25
UNION FUTBOL SALA 11 7 2 2 43 25 23
BAR CALVO 11 7 1 3 54 24 22
MATOJOMA-LAS TORRES 11 6 0 5 45 36 18
O ESTEO F.S. 11 4 1 6 25 41 13
HUSSE-BARBARROJA 11 3 3 5 32 34 12
RIBADEUME F.S. 11 3 1 7 38 49 10
PINTURAS COLORMIX 11 1 3 7 27 41 6
10º N.G. UB2 FUTSAL 11 0 1 10 21 69 1

GOLEADORES

DIEGO POLO (UNION FUTBOL SALA) 21 Goles
AIRON (BAR CALVO) 19 Goles
DIEGO PELLON (ESTANCO MARICARMEN) 14 Goles

Nova cortesía de Moises Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios