LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2016/17

Fisioterapia DC-HIM&HER afiánzase no liderado logo de gañar a Farmavida e perder La Galaxia ante Mobles Eume

447

Despois do parón de Nadal, volveu a competición do fútbol de veteranos coa disputa da undécima xornada de liga, na que destaca a goleada de A Cepa sobre Bar Xardín (4-2), con tres tantos de Fernández, que lle permiten situarse na primeira posición de goleadores. Triunfos de MMYPEM ante Electricidad J&O, Mobles Eume sobre La Galaxia, Galiorient diante de As Pontes 74 e o líder Fisioterapia DC-HIM&HER sobre Farmavida.

Como se sinala, é líder con 27 puntos Fisioterapia DC-HIM&HER, seguido de La Galaxia con 21. Despois están Mobles Eume e MMYPEM con 19 puntos. Na quinta praza está As Pontes 74 con 18. A continuación Galiorient e Bar Xardín con 14 puntos; Farmavida, 13; A Cepa, 9, e Electricidad J&O con 8 puntos.

Fernández de A Cepa pasa a ser o máximo goleador con 18 tantos, seguido de Iván, de Fisioterapia DC-HIM&HER, con 17. Dez marcaron Martín (Mobles Eume) e Fontao (La Galaxia) e nove Tomás, de Galiorient.

A vindeira fin de semana xógase a 12ª xornada, destacando o partido entre MMYPEM e Mobles Eume.

11ª XORNADA 21-22 / Xaneiro / 2017

MMYPEM – Electricidad J&O (1-0) Narciso
La Galaxia – Mobles Eume (2-3) Fontao e Sergio / Miguel, Diego e Martín
A Cepa – Bar Xardín (4-2) Fernández (3) e Ramón / Felipe e Richard
Galiorient – As Pontes 74 (1-0) Tomás
Farmavida – Fisioterapia DC-HIM&HER (1-2) Rafa / Juanjo e David

12ª XORNADA
28-29 / Xaneiro / 2017

Fisioterapia DC-HIM&HER – Electricidad J&O (Sáb. 28, 19:00 h)
MMYPEM – Mobles Eume (Sáb. 28, 20:00 h)
La Galaxia – Bar Xardín (dom. 29, 10:00 h)
As Pontes 74 – Farmavida (Dom. 29, 11:00h)
A Cepa – Galiorient (Dom. 29, 12:00 h)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios