CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: RESULTADOS 27-28-29 / XANEIRO / 2017

Vitoria do Alevín A, ambos Benxamíns, e o Prebenxamín B

429

Vitoria do Alevín A, ambos Benxamíns, e o Prebenxamín B

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD AS PONTES – GALICIA DE MUGARDOS (0-0)

Apenas puido conseguir un empate a 0-0 na casa o equipo feminino ante o Mugardos, cuarto clasificado pola cola. Terceiras con 45 puntos, visitan ó líder Cultural Maniños, equipo bastante máis perigoso, pois leva pleno de 18 triunfos por tan só un empate.

Xogaron Leti, Noelia Santalla, Nuria, Carolina Paz, Noelia Ameneiro, Xeila, Carolina Rodríguez, Carlota, Paula Baamonde, Yara e Alba.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – MEIRÁS CF (3-3)

Empate a 3-3 do Xuvenil contra o líder Meirás. Os de Valdoviño chegaban a As Pontes con pleno de triunfos, pero foi o equipo da casa o que se poñía por diante tras un tanto de Cazás, pero antes do descanso empataba Samuel.

Xa no segundo período, tras unha falta ó borde da área de Bruno que chegou tarde, marcou un golazo polo escuadro Pablo, e puideron marcar o terceiro, nun mal despexe de Lino, que salvou Unai baixo paus.

Pero foi o As Pontes o que se puxo por diante tras un bo cabezazo de Cazás, que se adianta ó primeiro pau a saque de córner, e outro tanto de Casas, que controla o balón na área pequena e acaba marcando.

Pero os verdes lograron empatar por medio de Aarón e a piques estiveron de gañar tras un remate no que o balón petou no longueiro.

Quintos con 15 puntos, visitan ó CD Narón, segundo con 19. Xogaron Lino, Fraga, David, Bruno, Unai, Chema, Iago, Jaime, Cazás, Casas, Alex Barro, e despois entrou Cristian.

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
SRD PORTUARIOS B – CD AS PONTES (2-2)

Empate a 2-2 do Cadete na súa visita ó Portuarios B. Marcos adiantou ós locais ó pouco do comezo pero Adrián, e despois Santi, puxeron por diante ós de Rubén Pardo, aínda que a pouco do final Víctor establecía o 2-2 definitivo.

Oitavos con 8 puntos, reciben ó Ortigueira, terceiro. Xogaron Juan, Eyob, Azoin, Nono, Antonio, Santi, Adrián, Xoel, Vicente, Xan e Jose, entrando despois Antón Paz, Xavi, Jorge, Brais e Mohamed.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
NUMANCIA DE ARES – CD AS PONTES (2-1)

Derrota do Infantil en Ares 2-1. Miguel Leira adiantaba ós locais, Hugo Blanco situaba as táboas, pero Miguel Oliveira poñía o 2-1 definitivo. Os azuis son quintos con 6 puntos antes de recibir ó Galicia de Mugardos, segundo.

Xogaron Edgar, Eloy, Xose, Alejandro, Mario Fraga, Dani, Xoel, Mateo, Jandro, Hugo, Sergio Hermida, e despois entraron Sergio Paz e Rubén.

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
GALICIA DE CARANZA – CD AS PONTES (1-3)
CD AS PONTES B – RACING FERROL C (3-4)

Vitoria do Alevín A na súa visita ó Galicia de Caranza 1-3. Diego Purriños (2), e Anxo Rey, remontaron o gol de Gonzalo. O Alevín B pola súa banda perdeu 3-4 ante o Racing de Ferrol C, tantos de Xandre Fernández, Carlos Villasuso e Israel Varela. O A e terceiro con 12 puntos antes de recibir ó Mugardos, cuarto, e o B sexto con seis puntos, antes de visitar ó Narón O Freixo B, segundo.

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
GALICIA DE CARANZA B – CD AS PONTES (0-2)
CD AS PONTES B – AD MIÑO (3-2)

Triunfo do Benxamín A en Caranza ante o Galicia B, 0-2, con tantos de Destaw Pellón e Sergio Vázquez. Son líderes con 18 puntos, e cinco de colchón antes de recibir ó Eume B, antepenúltimo con catro. O Benxamín B venceu 3-2 ó Miño e quinto con seis puntos, visita ó Ánimas B, antepenúltimo con tres. Diego Solano e Xalo González adiantaron ós azuis, e pese a que os visitantes empataron, Xoel Vigo poñía o 3-2 definitivo.

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – SCRD O FREIXO NARÓN (3-3)
SCRD O FREIXO NARÓN B – CD AS PONTES B (1-8)

Bo empate a 3-3 do Prebenxamín A ante O Freixo, líder do grupo dos mellores, e equipo que levaba pleno de vitorias, 14 triunfos en toda a tempada. E iso que os azuis se adiantaron 1-0 e 3-1 con tantos de Iker Ares (2) e Alex Basanta, pero finalmente igualaron os naroneses. Terceiros con 10 puntos visitan ó Rápido de Neda, sexto con sete. Boa vitoria 1-8 do Prebenxamín B, que escala á sétima praza con sete puntos antes de recibir ó CD Narón B, segundo. Tres goles de Xoel Galego, dous de Íker Díaz, e un de Brais Varela, David Otero e Martín Laherrán.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios