MALENA MIERES NA SEGUNDA FASE DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB18

Galicia enfrontaráse a País Vasco e Murcia

287

Tralo último adestramento deste martes en Cambados, a selección galega feminina sub18, na que foi convocada a pontesa Malena Mieres, parte esta fin de semana cara ó País Vasco, onde xogará a segunda fase do Campionato de España.

Na primeira ronda Galicia vencera a Baleares, e perdera coa locataria Comunidade de Madrid.

Esta segunda disputaráse en Bilbao, concretamente na mítica Lezama, e a selección galega sub18 xogará ambos partidos ás 12:15 horas. O venres xogarán coa Rexión de Murcia, e o sábado coa locataria selección do País Vasco.

Ademáis de Malena, do Deportivo van as tres internacionais. O clube herculino é o que ten maior representación con catro xogadoras, ó igual que o Victoria coruñés e o Atlántida Matamá olívico. As 18 convocadas polo seleccionador son as seguintes:

RC Deportivo de A Coruña: Malena Mieres, Nuria Rábano, Rosalía Muíño, Tere Abelleiras
Victoria FC: Ángela Chorén, Carmen Sumay, Carolina Brañas, Tatiana Barcia
Atlántida Matamá: Lara Martínez, Laura Vázquez, Noelia Pereira, Sara Deben
CPM Friol: Andrea Merino, Goretti Neira, Lucía Pardo
O Olivo: Inés Faro
Sárdoma CF: María Calvar
CCAR Valadares: Ana Iglesias

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios