NOVO ADESTRAMENTO PARA ALEX MONTERO

Será a próxima fin de semana en Teixeiro

372

O xogador do Esteo e tamén do CD As Pontes Alejandro Montero Peteira ven de ser chamado para uns novos adestramentos da Selección Galega Alevín de Fútbol Sala.

O seleccionador Alfonso Castro prepara unha concentración para toda a fin de semana en Teixeiro, que comezará este venres día 10 ás 17:00 horas e rematará o domingo día 12 ás 15:30.

Polo tanto supera Alex unha nova criba, de cara a selección definitiva que xogará o Campionato de España a principios de Abril.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios