SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS-SANTIAGO RC

O equipo pontés de rugbi xoga este sábado o seu décimo partido na Liga

173

O Fendetestas recibe este sábado ó Santiago no que será o seu décimo encontro no que vai de Liga, no que suma sete vitorias, por dúas derrotas, ante Ourense B e Crat B.

O partido é moi importante dado que o conxunto da capital de Galicia é o terceiro clasificado. Na ida, en Marrozos, o resultado foi de 3-23.

O encontro terá lugar este sábado ás 16:30 horas no Campo Monte Medulio.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios