CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: RESULTADOS 3-4-5 / FEBREIRO /2017

O Xuvenil, Infantil e Alevín B non puideron xogar por mor do temporal da fin de semana

239

O Xuvenil, Infantil e Alevín B non puideron xogar por mor do temporal da fin de semana

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CULTURAL MANIÑOS SD – CD AS PONTES (2-2)

Brillante empate do Feminino na casa do líder Cultural Maniños 2-2. O equipo de Fene levaba 18 triunfos, por un só empate, na visita ó Galicia de Caranza. Mónica adiantou ó equipo local, pero Carolina Rodríguez empataba. Pouco durou a ledicia pois outra vez Mónica poñía en ventaxa ó equipo local de penalti xusto antes do descanso, pero un tanto de Noelia Ameneiro preto do final estableceu o empate definitivo. Terceiras con 46 puntos, reciben ó Cariño, décimo quinto. Xogaron Leti, Noelia Santalla, Nuria, Yoli, Noelia Ameneiro, Carolina Rodríguez, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde e Yara.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD NARÓN – CD AS PONTES (adiado)

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – FC ORTIGUEIRA (2-1)

Vitoria do Cadete ante o Ortigueira 2-1. Comezaron adiantándose cun tanto de Xan, e pese ao empate de Daniel, un tanto de Chema nos últimos minutos deu a vitoria. Oitavos con 11 puntos visitan ó Rápido de Neda, cuarto. Xogaron Juan, Azoin, Nono, Santi, Antonio, Chema, Adrián, Antón Paz, Vicente, Xan, Jose e despois Jandro, Xoel, Xavi e Mohamed.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – GALICIA DE MUGARDOS (adiado)

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – GALICIA DE MUGARDOS (5-3)
SCRD NARÓN O FREIXO B – CD AS PONTES B (adiado)

O Alevín A venceu 5-3 ó Galicia de Mugardos, e son segundos con 15 puntos antes do derbi da semana que vén no Campo do Poboado. Tantos de Anxo Rey (2), Diego Purriños (2), e Alex Montero.

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – EUME DEPORTIVO (10-0)
SDR ÁNIMAS B – CD AS PONTES B (3-1)

O Benxamín A venceu 10-0 ó Eume B. Son líderes con 21 puntos, e xa con 8 de ventaxa antes de visitar ó Galicia de Caranza D, sétimo. Tantos de Destaw Pellón (4), Adrián Díaz (3), Diego Lozano, Sergio Vázquez e Xalo Graña. O Benxamín B perdeu 3-1 ante o Ánimas B, tanto da honra de Xalo González. Sextos con seis puntos reciben ó líder con pleno de triunfos Racing San Pedro.

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
SD RÁPIDO DE NEDA – CD AS PONTES (2-4)
CD AS PONTES B – CD NARÓN B (3-0)

O Prebenxamín A venceu 2-4 ó Rápido de Neda, e é terceiro no grupo dos mellores con 13 puntos, por detrás do Racing de Ferrol e O Freixo, antes de recibir ó CD Narón, quinto. Goles de Íker Ares (2), Felipe Riveira e Lucas Blanco. Gran vitoria do Prebenxamín B ante o segundo, CD Narón B, tantos de Xoel Galego (2) e Martín Laherrán. Sextos con 10 puntos, visitan ó cariño, terceiro.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios