OS IRMÁNS DANI E CRISTINA CASTRO LOGRAN O DOBLETE NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

Ambos gañaron a proba junior masculina e feminina

369

Esta fin de semana disputase na localidade andaluza de Fuengirola o Campionato de España de Tiro con Arco en Sala.

Brillante actuación dos irmáns Castro Barcala, que acadaron a medalla de ouro na categoría Junior.

E iso que Dani Castro non comezou ben. Foi décimo dos 24 participantes nas tiradas previas, con 556 puntos, pero estivo impecable nas roldas eliminatorias.

En dezaseisavos eliminou ao madrileño Alberto Martín, e en oitavos ó tamén capitalino Pau Ramírez, ambos por 6-0.

Máis lle custou en cuartos de final ante o castelán leonés Marcos Escudero ó que venceu por un apurado 6-4.

Nas semifinais eliminou ó tamén representante de Castela León, Carlos Iglesias, por 6-0, e na final venceu ao asturiano Miguel Menéndez por un contundente 7-1.

O triunfo ten máis mérito si cabe pois o tirador da Comuniade veciña fora o mellor nas tiradas previas con 579 puntos.

Pola súa banda, Cristina Castro tampouco comezou ben, e incluso foi máis discreta que seu irmán. Quedou 13ª das 20 participantes nas tiradas previas, con 516 puntos.

Pero nas roldas eliminatorias venceu á navarra Irati Zurbano (6-2), e no seguinte compromiso na frecha de desempate a Alba Garrote, de Castela León, por 6-5 (9-8).

Nas semifinais impúxose á madrileña Sonsoles Solera por 7-1, e na gran final a María Blázquez, de Castela e León, por 6-2.

Non tivo a mesma sorte Miguel Alvariño. Foi cuarto nas tiradas previas con 575 puntos. Logo venceu a Juan Luis Albandea (6-0), e Vicent Ribas (6-2), caendo en cuartos ante o seu compañeiro de selección española Miguel Ángel Pifarre, que acabou colgándose o bronce, por 6-4.

O ouro foi para o prometedor Pablo Acha, que venceu a Antonio Fernández “Yiyo” na final por 6-4.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios