SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA O ESTEO F.S. – UNIVERSIDAD DE VALLADOLID F.S. (3-1)

Gran vitoria do equipo pontés que xa suma 24 puntos

348

Preto dun mes e medio despois voltaba a xogar o Esteo na súa cancha do pavillón da Fraga, e logrou unha moi boa e traballada vitoria ante o Universidade de Valladolid. A primeira que obtén o conxunto pontés ante este equipo, quinto clasificado.

Púxoselle de cara o partido ó Esteo xa que ó pouco do comezo marcou Ayala. E despois, nunha gran xogada de Jaco, marca Rober Paz, ao superar ós dous defensas que estaban baixo paus.

Pero preto do descanso, nun erro táctico local, nun balón arriscado en defensa, ao medio, que non alcanzou a controlar Ayala, recolleuno Rulo e bateu a Iván, que previamente sustituira a Javichu, lesionado, semella que para un mínimo dun mes.

Este tanto espoleou ós locais que antes do descanso tiveron tres claras ocasións en tres contras. Ayala tivo dúas, unha delas foi ó poste, e outra de Rober Paz.

No segundo período, puido poñer terra de por medio o equipo local, cando o visitante Balle era expulsado por dobre cartón, pero nos dous minutos de superioridade, ó principio houbo dúas boas aproximacións de Jaco, pero o dominio foise diluíndo co paso dos segundos, e os vallisoletanos salvaron a situación.

Cambiaron as tornas e trala expulsión de Héctor foron os visitantes os que tiñan a oportunidade de empatar, e non o conseguiron, aínda que estiveron preto de facelo cos tiros ós postes de Dani e Isaac.

O segundo tempo fíxoselle moi longo ós locais. Os visitantes traian doce xogadores, mentres os da casa, estaban sen Lito, cunha excesiva sanción, o expulsado Héctor, o lesionado Javichu, e a mala e triste nova de Alex Garea, tendo que recorrer ós xuvenís Pedro e Pablo.

Pero sacudiuse a presión como puido o Esteo e nunha contra por banda de Púas, cede atrás para que remate Jaco ó fondo das redes poñendo o 3-1.

Aínda que o tentaron os visitantes co porteiro-xogador, o marcador non se moveu e o Esteo logrou uns vitais tres puntos, co que se sitúa sexto con 24, visitando a vindeira semana ó Cuéllar Cojalba, cuarto.

FICHA DO PARTIDO 

O ESTEO FS: Javichu, Jaco, Héctor, Rober Paz, Ayala –cinco inicial- Gerardo, Púas, Pedro, Pablo, Iván.

UNIVERSIDAD DE VALLADOLID F.S.: David, Leal, Ofa, Raúl, Isaac –cinco inicial- Dani, Adri, Balle, Miguelín, Muñoz, Rulo, Víctor.

ÁRBITROS: Castro Nantes, Roldán Pérez (Pontevedra), Prados Caamaño (Ferrol). Amarelas a Gerardo, Púas, Rober Paz, Ofa, Raúl, Muñoz e David. Expulsaron por dobre amoestación a Balle e Héctor.

GOLES: Min. 2 (1-0), Ayala. Min. 7 (2-0), Rober Paz. Min.17 (2-1), Rulo. Min. 34 (3-1), Jaco.

INCIDENCIAS: Décimo quinta xornada de Liga do grupo primeiro da Segunda División B, segundo da segunda volta, disputado no Pavillón Municipal da Fraga, que rexistrou unha entrada duns 200 espectadores. Antes do comezo do encontro gardouse un minuto de silencio polo falecemento a semana pasada do xogador do Pizarras Los Tres Cuñados, Jesús Carrera.

Nova cortesía de AF e Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios