Liga Local de Futbol Sala de As Pontes

Xornada intensa a vivida na Liga Local de Futbol Sala este pasado domingo na que o gran protagonista foi o Unión Futbol Sala que goleaou contra todo pronóstico a A Cova dos Trasnos por 9 goles a 1.

300

Xornada intensa a vivida na Liga Local de Futbol Sala este pasado domingo na que o gran protagonista foi o Unión Futbol Sala que goleaou contra todo pronóstico a A Cova dos Trasnos por 9 goles a 1. Nun encontro no que a sorte non lle sorriu a A Cova dos Trasnos e sufreu a goleada da xornada e na que contribuiu o máximo goleador da competición, Diego Polo, anotando cinco dos nove goles do seu equipo. Esta victoria fai que o Unión Futbol Sala alcance o liderato da competición axudado tamen polo resultado do encontro entre o Bar Calvo e o Estanco Maricarmen que se resolveu a favor do Bar Calvo por 4 goles a 2 nun partido relativamente cómodo para estes xa que o Estanco Maricarmen non tiña ningún cambio para realizar.

A xornada xa arrincaba con sorpresa xa que o Husse-Barbarroja ganballe nun emocionante encontro ao Matojoma-Las Torres por un axustado 3-2. Encontro que se resolveu nos minutos finais xa que o Matojoma-Las Torres foi a pola victoria sacando porteiro xogador á pista e nun roubo de balón a falta de dous minutos para o remate do encontro por parte do Husse-Barbarroja levaría o 3-2 ao marcador e inda que o Matojoma-Las Torres seguiu intentando ata o pitido final o marcador xa non se movería.

Ás sete da tarde o enfrontamento entre O Esteo F.S. “B” e o Ribadeume F.S. saldouse con victoria do Ribadeume F.S. por 5 a 3 nun encontro intenso por momentos no que o interese era ver quen desfaría o empate a puntos na clasificación e conseguindo así a segunda victoria consecutiva e que se manten sexto na clasificación.

Cerrarian esta xornada os dous útimos clasificados Pinturas Colormix e N.G. UB2 Futsal encontro no que o Pinturas Colormix conseguía impoñerse con relativa facilidade por 7 goles a 3.

LIGA LOCAL DE F.S. AS PONTES TEMPORADA 2016/2017

XORNADA Nº 13

3 HUSSE-BARBARROJA MATOJOMA-LAS TORRES 2
1 A COVA DOS TRASNOS UNION FUTBOL SALA 9
4 BAR  CALVO ESTANCO MARICARMEN 2
3 O ESTEO F.S. “B” RIBADEUME F.S. 5
3 N.G. UB2 FUTBOL SALA PINTURAS COLORMIX 7

CLASIFICACIÓN

POSTO EQUIPOS PX PG PE PP GF GC PUNTOS
UNION FUTBOL SALA 13 9 2 2 56 27 29
BAR CALVO 13 9 1 3 70 28 28
A COVA DOS TRASNOS 13 9 1 3 49 31 28
ESTANCO MARICARMEN 13 8 3 2 49 39 27
MATOJOMA-LAS TORRES 13 7 0 6 54 45 21
RIBADEUME F.S. 13 5 1 7 48 56 16
HUSSE-BARBARROJA 13 4 3 6 36 39 15
O ESTEO F.S. “B” 13 4 1 8 34 53 13
PINTURAS COLORMIX 13 2 3 8 36 47 9
10º N.G. UB2 FUTSAL 13 0 1 12 26 87 1

GOLEADORES

DIEGO POLO (UNION FUTBOL SALA) 28 Goles
AIRON (BAR CALVO) 24 Goles
SANTI (BAR CALVO) 18 Goles

Nova cortesía de Moises Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios