CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 10-11-12 / FEBREIRO /2017

Logo do seu importante triunfo en Dubra, o As Pontes ten este domingo un complicado partido ante o Compostela

281

Aínda queda moito por andar nesta liga e o As Pontes debe aferrarse á procura da salvación. Difícil o ten nestas catorce xornadas que restan para o final. Pero, matematicamente aínda é posible. É 18º na clasificación, a dez puntos do descenso por arrastre da Segunda B.

Este domingo visítao un histórico do fútbol galego e estatal (estivo varias tempadas na 1ª División). Está na sexta praza con 41 puntos, a oito do primeiro Rápido de Bouzas. Na primeira volta gañou en San Lázaro por un axustado 2-1, encontro no que comezou marcando o As Pontes por medio de Ibu, pero un gol de Santi (ex do As Pontes) e outro de Diego Rey nos minutos finais déronlle a vitoria ós santiagueses.

Dende 1962 os dous equipos lévanse enfrontado no Poboado en 17 ocasións, con cinco vitorias para os ponteses e nove para os santiagueses, rexistrándose tres empates. O As Pontes marcou 21 goles por 27 do Compostela.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (25ª xornada)
C.D. AS PONTES – S.D. COMPOSTELA
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
Domingo 12 de Febreiro de 2017 (16:30 h)
ÁRBITRO: GONZALO VILLANUEVA CARBALLO (Pontevedra)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD AS PONTES – CD CARIÑO
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 11 de Febreiro de 2017 (16:30 h)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – CULTURAL MANIÑOS SD
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 11 de Febreiro de 2017 (16:15 h)

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
SD RÁPIDO DE NEDA – CD AS PONTES
Campo Municipal (Neda)
Domingo 12 de Febreiro de 2017 (11:00 h)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
SD RÁPIDO DE NEDA – CD AS PONTES
Campo Municipal (Neda)
Sábado 11 de Febreiro de 2017 (16:00 h)

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES B – CD AS PONTES
Campo do Poboado (As Pontes)
Martes 14 de Febreiro de 2017 (18:30 h)

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
GALICIA DE CARANZA D – CD AS PONTES
Campo de Caranza (Ferrol)
Venres 10 de Febreiro de 2017 (18:00 h)
CD AS PONTES B – RACING SAN PEDRO CF
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 11 de Febreiro de 2017 (12:10 h)

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – CD NARÓN
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 11 de Febreiro de 2017 (11:00 h)
CD CARIÑO – CD AS PONTES B
Campo Municipal (Cariño)

Venres 10 de Febreiro de 2017 (18:30 h)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios