O ESTEO FUTBOL SALA

O Esteo realiza este sábado o desprazamento máis longo da tempada, concretamente á localidade segoviana de Cuéllar

198

Complicado partido para os ponteses en terras segovianas, onde se enfrontarán ó Cuéllar, cuarto clasificado con 29 puntos e un partido menos, o aprazado contra o Tres Cuñados por falecemento dun xogador deste conxunto ourensán. O Esteo vén de gañar por 3-1 a un sempre difícil Universidad de Valladolid e ocupa a sexta posición con 24 puntos.

Nos enfrontamentos anteriores en cancha segoviana só hai un empate a un gol na tempada 2014/15 e dúas derrotas por 8-1 (2-13/14) e 4-1 na pasada campaña. Na primeira volta vitoria pola mínima dos segovianos nos segundos finais do partido.

SEGUNDA DIVISIÓN B (16ª xornada)
F.S. CUÉLLAR COJALBA – O ESTEO F.S.
Sábado 11 – Febreiro – 2017 (18:30 h)
Pavillón Municipal Santa Clara (Cuéllar)

ENCONTROS CATEGORIAS DE BASE

13 ª XORNADA LIGA PROVINCIAL DE LUGO (Aprazado)
VENRES 10 DE FEBREIRO ÁS 18:50 HORAS NO PAVILLÓN VISTA ALEGRE (BURELA)
C.D. BURELA – O ESTEO F.S. “B”

15ª XONADA LIGA PROVINCIAL DE LUGO
SÁBADO 11 FEBREIRO ÁS 19:00 HORAS NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE TRABADA
TRABADA F.S. – O ESTEO F.S. “B”

LIGA DA TERRA CHÁ
SÁBADO 11 FEBREIRO NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE AS PONTES
Ás 9:30 h. Categoría Infantil: O ESTEO F.S. – BEGONTE
Ás 11:30 h. Categoría Benxamín: O ESTEO F.S. – MEIRA

AMIGABLE ALEVÍN
SÁBADO 11 FEBREIRO NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE AS PONTES
Ás 10:30 h.: O ESTEO F.S – GUITIRIZ

LIGA LOCAL DE FUTBOL SALA DE AS PONTES (14ª)
DOMINGO12 DE FEBREIRO NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE AS PONTES
ESTANCO MARICARMEN – O ESTEO F.S. “B” (18:00)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios