TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 – SD COMPOSTELA 1

Valioso empate do As Pontes ante un histórico do fútbol galego

498

Reparto de puntos no encontro xogado na tarde deste domingo no Campo do Poboado.

Pese á diferenza de puntos na táboa clasificatoria coa histórica SD Compostela, que xogara catro tempadas na Primeira División Española, dominou máis o As Pontes nos primeiros 45 minutos.

Tras un centro ó área cabecea algo forzado Núñez (5´). Logo é Pardo quen fai unha boa xogada por banda esquerda, e Caique acaba disparando por alto (13´). Trallazo de Pardo dende o vórtixe da área que chapa Lucas en dous tempos (26´). Nunha falta de estratexia, cede Caique a David, pero o disparo do vástago de Jose Ramón vai algo frouxo a mans do porteiro (30´).

Se ben, a ocasión máis clara do primeiro período chegou nunha mala saída de Paco tras córner, que non soubo aproveitar o ex xogador do Orihuela, David Uña, pois sacou Callón baixo paus (16´). Tamén se lle marcha Diego Rey a Rubén, e o seu perigoso envío despexao outra vez o central de Oleiros in extremis (41´).

Nos primeiros compases do segundo período saíron os da capital galega a pola vitoria, comandados polo incombustible, ós seus 41 anos, Cabrejo, e tras unha xogada por banda na que Diego Rey se desfai de Rubén, centra cara atrás, e Recoba dispara ó lateral da rede (47´). Logo, tras unha xogada por banda é David González quen dispara por alto (52´).

Adiantáronse os composteláns tras unha contra na que o habilidoso mediapunta Gonzalo García Recoba, ex de Heerenveen, Groningen, ou campeón da Liga Israelí co Maccabi de Tel Aviv, cedella ó lateral dereito Saro, que se incorpora chegando dende atrás e bate por baixo a Paco (58´).

Pero en lugar de desmoroarse o cadro local, foi a polo empate. Tras saque de córner, o balón caelle na frontal a Rubén, e o seu disparo cruzado marcha por pouco (61´). Logo, nunha contra, vaille o balón no segundo pau a Pardo, quen dispara e saca Saro co corpo (63´). Pouco despois, nunha falta ó borde da área que bota Caique, peina o xusto o central Callón para despistar ó porteiro e situar a igualada no marcador (66´).

Minutos de toma y daca. Márchase o ex xogador local Santi por banda dereita, cedella a Recoba, e o galego uruguaio deixaa pasar pensando que chegaba un compañeiro dende atrás para rematala (68´). Logo, noutro saque de esquina, caelle o balón a David Prieto, que sin pensalo lanza un zapatazo dende fóra da área que se marcha por un suspiro (72´). Replica dos visitantes cunha falta lateral tirada por Mon (76´).

O partido cambiou coa rigurosa expulsión de Rubén por unha innecesaria patadiña casi no medio campo, nunha contra santiaguesa (78´). O As Pontes aguantou como puido, e nun desconto excesivo, pois só houbo tres cambios, tras córner, anotaron os composteláns (95´). O colexiado entendeu que, axudándose coa man, ou con falta ó porteiro local, nunha xogada na que acabou expulsado Diego Rey.

Non houbo tempo para máis, e o As Pontes rescata un valioso empate. Segue antepenúltimo con 18 puntos, antes de visitar ó Bergantiños. Os composteláns dan un paso atrás, tras catro triunfos consecutivos, pero seguen a catro puntos do play off, sextos con 42.

No cómputo de enfrontamentos oficiais en O Poboado, cuarto empate, polos cinco triunfos locais, e nove visitantes.

CD As Pontes. Paco, Criado, Rubén, Callón, Abraham, Prieto (Jaime 83´), Caique, Núñez, Fran (Buyo 80´), David, Pardo.

SD Compostela. Lucas, Saro, Mon, David Uña, David Rey, Ube, Diego Rey, Santi, Tomás (Nogueira 73´), Recoba, Cabrejo.

Goles: 0-1, Saro (58´), 1-1, Callón (66´).

Árbitro: Gonzalo Villanueva Carballo (Pontevedra). Auxiliado por Casalderrey Soria e Raposo Barcia. Amarela a Tomás. Expulsou con vermello directo a Rubén (78´) e Diego Rey (95´).

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Máis de 200 espectadores, moitos visitantes. Partido da 25ª xornada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios