CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 17-18-19 / FEBREIRO / 2017

Difícil partido este domingo do As Pontes en Carballo, onde se ve obrigado a puntuar ante o Bergantiños

249

O Bergantiños, xunto co Ordes, é o equipo ó que máis veces se enfrontou na súa historia o conxunto pontés. En terreo de xogo carballés foron 25 encontros, con 12 vitorias locais, nove empates e catro triunfos do As Pontes. Na primeira volta no Poboado rexistrouse empate a un gol.

O Bergantiños está a facer unha boa campaña. Leva sete xornadas sen perder e está na metade da clasificación con 35 puntos, 17 máis cós ponteses, que continúan na zona de descenso de categoría. Polo tanto, partido de vital importancia para o equipo que prepara Marco Roca e que na anterior xornada empatou na casa ante o histórico Compostela, aínda que por xogo e por claras ocasións mereceu os tres puntos.

AS PONTES FEMININO: Nesta xornada hai que destacar ó conxunto feminino que está a facer un excelente campionato. Leva 17 xornadas seguidas sen perder, sendo terceiro na clasificación con 49 puntos, a dous do Val B e a oito do líder Cultural Maniños. Este sábado as pontesas teñen unha boa oportunidade de seguir sumando puntos no campo do Santa Mariña.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (26ª xornada)
BERGANTIÑOS F.C. – C.D. AS PONTES
CAMPO DAS EIROAS (Carballo)
Domingo 19 de Febreiro de 2017 (17:00 h)
ÁRBITRO: JOSÉ LUIS GONZÁLEZ SOBRADO (Vigo)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
ADCR SANTA MARIÑA – CD AS PONTES
Campo da Gándara 3 (Ferrol)
Sábado 18 de Febreiro de 2017 (16:30 h)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – GALICIA DE CARANZA B
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 18 de Febreiro de 2017 (16:30 h)

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
SCDR NARÓN O FREIXO – CD AS PONTES
Campo do Cadaval (Narón)
Sábado 18 de Febreiro de 2017 (16:00 h)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – GALICIA DE CARANZA C
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 18 de Febreiro de 2017 (11:00 h)

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – CD CARIÑO
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 18 de Febreiro de 2017 (10:30 h)
CD SAN SADURNIÑO – CD AS PONTES B
Campo da Piscina (San Sadurniño)
Venres 17 de Febreiro de 2017 (18:00 h)

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – UD CEBARCA
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 18 de Febreiro de 2017 (11:40 h)
CD NARÓN – CD AS PONTES B
Campo do Cadaval (Narón)
Venres 17 de Febreiro de 2017 (18:30 h)

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
ORTIGUEIRA FC – CD AS PONTES
Campo de San Claudio (Ortigueira)
Sábado 18 de Febreiro de 2017 (12:30 h)
CD AS PONTES B – SD O VAL
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 18 de Febreiro de 2017 (12:45 h)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios