CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: RESULTADOS 17-18-19 / FEBREIRO /2017

Boa xornada en xeral dos once equipos do CD As Pontes, pois, agás dúas derrotas, houbo nove triunfos esta fin de semana. O máis lastimoso, o 1-0 do primeiro equipo en Carballo.

898

Boa xornada en xeral dos once equipos do CD As Pontes, pois, agás dúas derrotas, houbo nove triunfos esta fin de semana. O máis lastimoso, o 1-0 do primeiro equipo en Carballo.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17
BERGANTIÑOS F.C. – C.D. AS PONTES (1-0)

Non puido o As Pontes na súa visita Ás Eiroas, onde perdeu 1-0. Condenouno, coma tantas outras veces, a súa falta de gol, e os seus apenas 20 tantos no que vai de campaña.

Colmo de males comezaron adiantándose os locais ó pouco do comezo, e cun tanto pontés, pero en propia meta.

Cara ó final do encontro os locais xogaron cun menos por lesión, pero o As Pontes non puido anotar e volve de vacío de Carballo encarando un trascendental encontro na última fin de semana de Febreiro ante o Silva.

Xogaron Paco, Criado, Buyo, Callón, Abraham, Prieto (Jaime 76´), Caique, Núñez, Cortés, David (Rubio 67´) e Pardo.

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
ADCR SANTA MARIÑA – CD AS PONTES (1-6)

Gran vitoria do feminino, que gañou 1-6 ó Santa Mariña. Carlota adiantaba ás azuis, empataba Tania, e Xeila poñía o 1-2 antes do descanso. Xa na reanudación, os tantos de Nuria, Paula Baamonde (2), e un en propia meta deron os tres puntos.

Terceiras con 52 puntos teñen unha importante visita ó Val B, que é segundo con 54. Xogaron Leti, Noelia Santalla, Nuria. Carolina Paz, Noelia Ameneiro, Carolina Rodríguez, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde e Alba.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – GALICIA DE CARANZA B (3-1)

Gran vitoria do Xuvenil, 3-1 ante o Galicia de Caranza B. Jaime adiantou aos de Felipe Mieres, e a pesar do empate de Antonio, antes do descanso Cristian poñía o 2-1. Tras un disputado segundo tempo, a pouco do final, un gran gol de Josiño, dende uns 25 metros polo escuadro, deu a vitoria definitiva.

Son terceiros con 21 puntos, antes de visitar ó Portuarios,oitavo con once. Xogaron Lino, Fraga, David, Bruno, Unai, Pita, Iago, Jaime, Cristian, Casas, Josiño, entrando despois Carlos, Cazás, Chema, Alex Barro e Manuel Romero.

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
SCDR NARÓN O FREIXO – CD AS PONTES (2-1)

Derrota do Cadete en Narón 2-1. A pesar de adiantarse os de Rubén Pardo cun tanto de Vicente, dous goles de Carlos e Eloy voltearon o marcador. Sétimos con 14 puntos, reciben ó San Sadurniño, undécimo con 11.

Xogaron Juan, Azoin, Xavi, Eyob, Antonio, Jose, Mohamed, Adrián, Vicente, Xan e Antón Cillero, entrando despois Brais.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – GALICIA DE CARANZA C (2-1)

Triunfo do Infantil 2-1 ante o Galicia de Caranza C. Adiantáronse con dous tantos de Jandro López, un deles de penalti, e a pesar de recurtar distancias Brais, mantiveron o resultado e os tres puntos. Son cuartos con once puntos antes de recibir ó Ortigueira, sétimo con nove.

Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Mario Fraga, Alejandro, Samuel, Dani, Sergio Hermida, Jnadro López, Mateo, Hugo, Manuel, entrando despois Edgar, Joao, Iván e Sergio Paz.

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES B – CD AS PONTES A (1-5)
CD AS PONTES – CD CARIÑO (10-2)
CD SAN SADURNIÑO – CD AS PONTES B (1-10)

No derbi disputado este martes entre o equipo B e o A gañaron os máis maiores por 1-5, tantos de Anxo Rey (2), os irmáns Diego e Ángel Purriños, e Alex Montero. Tanto da honra para Israel Varela.

Xa nos encontros da fin de semana. aproveitando a boa dinámica, o Alevín A venceu 10-2 ó Cariño, tantos de Iago Expósito (3), Alex Montero (2), os irmáns Diego e Ángel Purriños, Eloy Pita, Sergio Cabarcos, e David Cendán.

O Alevín B, pola súa banda, quitou o mal sabor de boca, tras vencer 1-10 ó colista San Sadurniño, tantos de Anxo Blanco (3), Xandre Fernández (3), Israel Varela (2), Yeray Paz e Nacho Villasuso.

O Alevín A escala á primeira posición con 21 puntos, adiantando ó Eume, que ten 20, equipo ó que visita a vindeira xornada nun partido moi importante. O B é sétimo con 9 puntos antes de recibir ó Caranza, sexto.

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – UD CEBARCA (12-0)
CD NARÓN – CD AS PONTES B (2-3)

Contundente vitoria do Benxamín A 12-0 ante o Cebarca, o que fai que lidere a táboa con 27 puntos, oito por riba de Caranza C e Ánimas, equipo ó que visitan na vindeira xornada. Goles de Diego Lozano (4), Sergio Vázquez (3), Destaw Pellón (2), Alejandro Leal (2), e Adrián Díaz.

Bo triunfo do Benxamín B, que gañou 2-3 na súa visita ó CD Narón, que era o terceiro clasificado. Con tantos de Paulo Cabaleiro, Xalo González e Diego Ortigosa. Son sextos con nove puntos, antes de recibir ó Val, noveno con catro.

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
ORTIGUEIRA FC – CD AS PONTES (0-2)
CD AS PONTES B – SD O VAL (7-3)

Bo triunfo do Prebenxamín A 0-2 en Ortigueira, tantos de Nacho Villasuso e David Maseda, neto do gran Manolo Vilaboy, preto do final. Segundos con 19 puntos no grupo dos mellores, reciben ó Eume, cuarto con 14 puntos.

Bo triunfo do Prebenxamín B 7-3 ante o Val. Quintos con 16 puntos visitan ó colista sen puntuar San Sadurniño B. Tantos de Íker Díaz (4), e Xoel Galego (3).

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios