SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – NOIA FS (3-1)

Espectacular triunfo do equipo pontés, que gañou ó que era líder invicto xogando con apenas sete xogadores.

523

Espectacular triunfo do equipo pontés, que gañou ó que era líder invicto xogando con apenas sete xogadores.

O Esteo pontés de fútbol sala escribiu na tarde de onte unha páxina histórica e das que se recordan.

Chegaba a As Pontes o líder invicto, con trece triunfos e apenas tres empates (curiosamente arañou un punto aló o equipo de Javi Saa), un plantel con doce xogadores e porteiro suplente. De moito nivel. Por parte local apenas sete xogadores con experiencia na categoría e sen suplente para o porteiro Iván.

Máis foi o cadro local o que comezou avisando ó pouco do comezo, cun disparo de Jaco ó poste. Máis tarde marcou Héctor, tras saque de banda, que disparou, e desviou o xusto un xogador visitante despistando a Brais, o burelés que fora dobre Campión de España Junior coa Selección Galega.

Incluso máis tarde Gerardo roubou un balón, recorreu a pista, e ante a saída de Brais, o seu disparo marchou lamendo o poste.

Pero fixeronselle moi longos os derradeiros minutos deste primeiro período ao equipo pontés. Iván atallaba todas as embestidas visitantes baixo paus, pero tristemente faltando apenas 15 segundos, nunha xogada de extratexia quedou completamente só o viveirés Diego Pernas, e picoulle o balón por riba establecendo a igualada antes do descanso.

Curiosamente apuntar a presencia no equipo que comanda a clasificación, de Dani, irmán pequeno do pívot do FC Barcelona e da Selección Española, o arzuán Diego Quintela.

Pero ó pouco da reanudación voltou a dar outra estocada o cadro local, i é que Ayala, entrando dende banda dereita, marca dun disparo axustado ó primeiro pau.

Os minutos transcorrían, os visitantes seguían asediando a porta local, pero os de Javi Saa montaban perigosas contras, resaltar un tiro ó poste de Jaco, ou un pase de Rober Paz, que o propio xogador ex do Narón non acerta a empalar en boca de gol.

Nos derradeiros cinco minutos Nano Maroño arriscou con porteiro xogador, e nunha xogada na que os colexiados interpretan que Xuxa se tira dentro da área ensinanlle o segundo cartón, resultando expulsado, e xogando o Esteo os derradeiros 40 segundos cun máis.

Non o desaproveitou, e tras un roubo de balón marca Jaco de forte disparo raso o tanto da sentencia faltando apenas nove segundos.

Triunfo de moito mérito do cadro local, que se mantén sexto con 27 puntos, antes de recibir ó Pizarras Los Tres Cuñados.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Iván, Jaco, Héctor, Rober Paz, Ayala –cinco inicial- Alex Garea, Gerardo.

C. NOIA FS: Brais, Christian, Borja, Marci, Xuxa –cinco inicial- Nené, Quique, Alex, Diego, Marcos, Dani Quintela.

ÁRBITROS: Novoa García, Feliz Otero, Quintas Crespo (Ourense). Amarelas a Rober Paz, Diego e Dani Quintela. Foi expulsado por dobre cartón o visitante Xuxa, faltando 40 segundos.

GOLES: Min. 5 (1-0), Héctor. Min. 20 (1-1), Diego. Min.22 (2-1), Ayala. Min. 40 (3-1), Jaco.

INCIDENCIAS: Décimosétima xornada de Liga do grupo primeiro da Segunda División B, cuarta da segunda volta, disputado no Pavillón Municipal da Fraga, ante uns 250 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios