O ESTEO FUTBOL SALA

O Esteo volve a xogar na casa. Nesta xornada será contra o Pizarras Tres Cuñados do Barco de Valdeorras

166

Nove puntos separan ó Esteo (6º) e Pizarras Tres Cuñados (10º), aínda que os valdeorreses teñen un partido menos, o que tivo que ser aprazado contra o Cuéllar debido ó fatal accidente de circulación no que faleceu o seu xogador Jesús Carrera cando se desprazaban a esta localidade segoviana a disputar o partido da 14ª xornada.
No pavillón da Fraga só hai un triunfo local por 3-2 na tempada 2010/11 (3ª División). Xa na Segunda División B, empate a tres goles (2013/14) e nas dúas seguintes vitorias valdeorresas por 4-6 e 4-7. Na primeira volta da presente tempada, empate a tres goles no Barco de Valdeorras.

SEGUNDA DIVISIÓN B (18ª xornada)

O ESTEO F.S. – PIZARRAS TC F.S.
Sábado 25 – Febreiro – 2017 (17:15 h)
Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)
LIGA DA TERRA CHÁ

SÁBADO 25 FEBREIRO NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE AS PONTES

Ás 10:30 h. Categoría Infantil: O ESTEO FS – FS A PONTENOVA
Ás 11:30 h. Categoría Benxamín: O ESTEO FS – BEGONTE FS

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios