CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 24-25-26 / FEBREIRO /2017

Outra final para o As Pontes ante o Silva coruñés en partido da Terceira División adiantado a este sábado no Poboado

200

Cada xornada que pasa máis se alonga a salvación do As Pontes, que agora mesmo está a once puntos do Alondras, equipo que marca o descenso por arrastre.

Ultimamente o conxunto que prepara Marco Roca, pese a facer un fútbol, cústalle marcar e por contra anota en propia porta goles que dan os tres puntos ó equipo contrario, como sucedeu o pasado domingo en Carballo diante do Bergantiños.

Este sábado visita o Poboado o Silva, un dos equipos con menor presuposto da 3ª División. Pese a iso, está a realizar unha gran terceira tempada na categoría. É sétimo con 39 puntos, dez partidos gañados, nove empatados e só sete perdidos.

Nas anteriores confrontacións anteriores no Poboado vitorias do As Pontes (3-1 e 1-0), mentres que en terreo de xogo coruñés o Silva gañou os tres choques (1-0, 4-0 e 1-0).

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (27ª xornada)
C.D. AS PONTES – SILVA S.D.
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
Sábado 25 de Febreiro de 2017 (17:00 h)
ÁRBITRO: MANUEL RODRÍGUEZ BARREIRA (Vigo)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
SD O VAL “B” – CD AS PONTES
Campo de Sinde (O Val)
Domingo 26 de Febreiro de 2017 (12:00 h)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
SRD PORTUARIOS – CD AS PONTES
Campo de Aneiros (Ferrol)
Sábado 25 de Febreiro de 2017 (16:30 h)
CD NARÓN – CD AS PONTES
Campo do Cadaval (Narón)
Luns 27 de Febreiro de 2017 (20:30 h)

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – CD SAN SADURNINO
Campo do Poboado (As Pontes)
Venres 24 de Febreiro de 2017 (18:30 h)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
FC ORTIGUEIRA – CD AS PONTES
Campo de San Claudio (Ortigueira)
Venres 24 de Febreiro de 2017 (18:45 h)

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
EUME DEPORTIVO – CD AS PONTES
Campo da Gándara (Pontedeume)
Sábado 25 de Febreiro de 2017 (10:30 h)
CD AS PONTES B – GALICIA DE CARANZA
Campo do Poboado (As Pontes)
Venres 24 de Febreiro de 2017 (18:00 h)

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
SRD ÁNIMAS – CD AS PONTES
Campo da Gándara (Ferrol)
Venres 24 de Febreiro de 2017 (18:00 h)
CD AS PONTES B – SD O VAL
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 25 de Febreiro de 2017 (11:00 h)

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – EUME DEPORTIVO
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 25 de Febreiro de 2017 (12:10 h)
CD SAN SADURNIÑO – CD AS PONTES B
Campo da Piscina (San Sadurniño)
Venres 24 de Febreiro de 2017 (19:00 h)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios