Nota de prensa Asociación ANPAS ABRENTE

O día 1 de febreiro a Consellería de Educación facía saber a través da inspectora de zona ao corpo directivo de Castro da Uz que non se ofertaría para o vindeiro curso escolar a modalidade de BAC neste centro.

381

O día 1 de febreiro a Consellería de Educación facía saber a través da inspectora de zona ao corpo directivo de Castro da Uz que non se ofertaría para o vindeiro curso escolar a modalidade de BAC neste centro…así sen máis, sen tentar poñer solucións enriba da mesa, cortando polo sano e deixando a As Pontes sen outra oferta educativa máis. No Consello Escolar Municipal celebrado o día 15 deste mes de novo a inspectora ampara a decisión da Xunta de Galicia dunha forma máis que redundante en criterios de eficiencia educativa, criterios que non admitimos como válidos, argumentos onde se nos fala de maior probabilidade de acceso a asignaturas optativas que non se dan en ningún instituto de Galicia masificando aulas e apoiandose en ratios aínda menos válidos. Decimos redundante porque era a única resposta ante as preguntas de moitos pais e representantes de diversos tecidos locais: non hai cifras… non se pensa en ningún momento nos alumnos, nos 17 que cursan este ano cuarto da ESO e que queren continuar a súa formación no Castro da Uz, nos que estivesen pensando en facer o BAC neste centro e que agora mesmo están en Monte Caxado ou noutros centros. Non hai nin tan sequera un estudio dos que veñen atrás, de cantos cursarán o vindero ano escolar 1º da ESO en Castro da Uz, por certo úns 20… de cántos nenos temos agora mesmo facendo a ESO ou Primaria nos centros de As Pontes, de cómo será cando cheguen ao bachiller… E deste xeito: sen datos, sen estudos previos, sen atender en ningún caso ás persoas, aos nenos…e protexéndose en estadísticas e probabilidades máis que improbables toman dende a Xunta este tipo de decisións que nos deixan sen a capacidade de elixir.

E aínda máis: nin nos escoitan, nin nos reciben, nin atenden á nosa opinión… seguen autoritariamente dando tixeretazos á oferta educativa na nosa vila: 2º de BAC fai dous cursos con libros mercados e matrículas en regla, ciclos pechados en vísperas do seu comezo, bacharelato de artes con nenos de 16 anos que teñen que ir vivir sós a Ferrol… qué é o seguinte? A supresión da ESO no Castro da Uz? Aulas ateigadas de nenos coa consiguiente merma na calidade do ensino e a atención aos alumnos?

Non queremos isto para As Pontes, non hai argumentos válidos… esiximos a permanencia do bacharelato no IES Castro da Uz e no Moncho Valcarce, esiximos o noso dereito a elixir, o noso dereito a recibir unha educación pública de calidade, bastante lle levan recortado xa e niso sí que temos números e datos… non probabilidades improbables e redundantes.

Grazas aos que hoxe estivestedes no Concello mostrando o voso apoio a esta causa, mostrando o voso apoio ao noso dereito e ao dos nosos fillos a ter unha educación pública de calidade, unha educación para todos xa que na medida na que a persoa teña igualdade de oportunidades educativas terá igualdade de oportunidades na vida para efectos da súa realización como persoa.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios