CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: RESULTADOS 24-25-26 / FEBREIRO /2017

Vitorias do Xuvenil, Cadete, Infantil, Alevín A e Prebenxamín B

443

Vitorias do Xuvenil, Cadete, Infantil, Alevín A e Prebenxamín B

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
SD O VAL “B” – CD AS PONTES (1-1)

Bo empate do feminino na súa visita a Sinde, onde xogaba co segundo clasificado, O Val B, e sen a súa capitana e goleadora, Carlota. Ao pouco do comezo, Esthefany adiantaba ás locais, pero antes do descanso a boa xogadora Yoli poñía as táboas definitivas no marcador. Xa marcara tamén en Cariño.

Intratable a Cultural Maniños con 63 puntos, O Val B segue segundo con 55, e o equipo de Julio Montero e Pita suma 53, por 49 do Racing de Ferrol.

A vindeira xornada reciben ó penúltimo clasificado con 13 puntos Cedeira. Xogaron Leti, Noelia Santalla, Andrea Pita, Yoli, Noelia Ameneiro, Carolina Paz, Xeila, Paula Castro, Carolina Rodríguez, Yara e Alba.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
SRD PORTUARIOS – CD AS PONTES (0-3)

Bo triunfo do Xuvenil, que venceu na mañá do sábado en Ferrol ó Portuarios por 0-3, tantos anotados na primeira metade por Sergio Cazás (2) e Carlos. Este luns xogarán o partido aprazado co CD Narón. E na vindeira xornada recibirán ó Numancia de Ares.

Son terceiros con 24 puntos, a un de Eume, e a catro do Meirás. Xogaron Lino, Fraga, David, Bruno, Unai, Andrés, Carlos, Jaime, Cazás, Casas, Josiño, entrando despois Chema, Iago, Manuel Romero, Alex Barro e Derick.

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – CD SAN SADURNIÑO (3-2)

Sufrida vitoria do Cadete ante o San Sadurniño 3-2. Jose adiantaba ós azuis, e aínda que empataba Manuel de penalti, axiña voltaba a poñer por diante ós azuis Chema antes do descanso. No segundo tempo Xavi facía o 3-1, pero Jorge recurtaba distancias polo que houbo que sufrir ata o final. Os de Rubén Pardo erraron un penalti.

Sextos con 17 puntos, visitan ó Numancia, segundo. Xogaron Juan, Eyob, Antonio, Nono, Santi, Antón Paz, Adrián, Chema, Vicente, Jose, Xavi, entrando despois Xan, Azoin, Brais e Mohamed.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
FC ORTIGUEIRA – CD AS PONTES (1-3)

Gañou o Infantil 1-3 na súa visita a Ortigueira. Comezaban adiantándose con tanto de Jandro López, e aínda que Rubén empataba para os locais, Xoel Purriños e xa co tempo cumprido, Manuel Novo, poñían o 1-3 definitivo.

Cuartos con 14 puntos visitan ó colista con sete O Val B. Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Xose, Alejandro, Samuel, Dani, Mario Fraga, Jandro, Manuel, Hugo Blanco, Xoel, entrando despois Sergio Hermida, Edgar, Mateo e Sergio Paz.

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
EUME DEPORTIVO – CD AS PONTES (3-5)
CD AS PONTES B – GALICIA DE CARANZA (5-5)

Gran vitoria do Alevín A 3-5 no seu desprazamento a Pontedeume. A pesar de comezar perdendo, 2-0, cinco tantos consecutivos de David Cendán, Diego Purriños, Anxo Rey, Billal Belhaj e Ali Karim, deron os tres puntos, co que consolidan o liderado con 24, xa con 4 de ventaxa sobre o Eume e 6 sobre o Mugardos. Visitan ó Racing de Ferrol C, quinto, na vindeira xornada.

Disputado partido no que o Alevín B empatou 5-5 ante o Galicia de Caranza. Conseguiron remontar un 0-1, 1-3, 3-4, pero defnitivamente os ferroláns empataron no derradeiro minuto. Goles de Anxo Blanco (3), Carlos Villasuso e Alexo Platas. Sétimos con 10 puntos, reciben ó Mugardos, terceiro.

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
SRD ÁNIMAS – CD AS PONTES (5-4)
CD AS PONTES B – SD O VAL (2-2)

Anímase a Liga coa primeira derrota do Benxamín A en Ferrol. Chegou a ir perdendo 3-0 e 5-1, con catro tantos de Alex Pardo, e a pesar de que se chegaron a poñer 5-4 faltando catro minutos, non puideron traer ningún punto no peto. Goles de Sergio Vázquez (2), Destaw Pellón e Diego Lozano. Seguen líderes con 27 puntos, pero descansan na vindeira xornada, última da primeira volta, e de gañar o Ánimas ó Meiras, poñeríanse a só dous puntos.

O Benxamín B empatou 2-2 co Val, tantos de Diego Solano e Nicolás Meizoso. Sextos con 10 puntos, visitan ó Rápido de Neda B, segundo.

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – EUME DEPORTIVO (3-3)
CD SAN SADURNIÑO – CD AS PONTES B (1-14)

Empate a 3-3 do Prebenxamín A co Eume. Nun partido moi disputado, no que comezaron adiantándose 2-0, con tantos de Xandre Domínguez e Xalo Cebreiro, no segundo tempo remontaron os de Pontedeume con tantos de Mateo e Xabi (2), pero un gol de Lucas Blanco nos últimos instantes puxo o 3-3 definitivo no tanteador. Terceiros con 20 puntos, visitan ó Ánimas B, sexto.

Excesiva vitoria a domicilio do Prebenxamín B 1-14 en San Sadurniño. Tantos de Xoel Galego (5), Íker Díaz (3), Brais Varela, David Otero, Guillermo Folgar, Iago Cebreiro e dous en propia meta. Son cuartos con 19 puntos, antes de recibir ó Racing de Ferrol B, décimo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios