O ESTEO FUTBOL SALA

O Esteo sae fóra de Galicia a terras zamoranas para enfrontarse este sábado ó Atlético Benavente

178

Partido importante para os dous equipos, principalmente para os benaventanos, que están remontando posicións na clasificación. Agora ocupan a oitava praza con 6 puntos menos co Esteo, que é sexto. Os zamoramnos veñen de empatar o pasado sábado na casa do líder Noia e na anterior xornada venceron (2-1) en La Rosaleda ó Cuéllar.

Os ponteses tamén levan dúas xornadas sen perder. Gañaron por 3-1 ó Noia e empataron a tres goles co Pizarras Tres Cuñados.

No cómputo entre os dous equipos, sinalar que na anterior tempada vitoria pola mínima (4-5) dos ponteses e na primeira volta da actual triunfo do Esteo no pavillón da Fraga por 6-2.

SEGUNDA DIVISIÓN B (19ª xornada)
ATLÉTICO BENAVENTE F.S. – O ESTEO F.S.
Sábado 4 – Marzo – 2017 (19:00 h)
Pavillón La Rosaleda (Benavente, Zamora)
LIGA DA TERRA CHÁ

SÁBADO 4 MARZO NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE OUTERO DE REI

Infantil (10,30): OUTEIRO DE REI – O ESTEO F.S.
Benxamin (11,30): OUTEIRO DE REI – O ESTEO F.S.
Alevin (12,20): OUTEIRO DE REI – O ESTEO F.S.
Prebenjamin (13,10): OUTEIRO DE REI – O ESTEO F.S.

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios