CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 3-4-5 / MARZO /2017

O As Pontes realiza este domingo a saída máis longa da tempada para enfrontarse este domingo ó Barco

267

Trala derrota do pasado sábado no Poboado diante do Silva coruñés por 0-2, ó As Pontes non lle queda outra, se quere ter algunha esperanza de salvación, que sumar os tres puntos de Calabagueiros ante o sempre difícil Centro de Deportes Barco, que vén de perder en Castro polo mesmo resultado.

O CD As Pontes está agora mesmo a 15 puntos da salvación e a 14 do Barco, que ocupa 14ª praza na clasificación.

Os enfrontamentos entre os dous conxuntos en campo valdeorrés sáldanse con dúas vitorias do Barco (84/85, 3-1; 15/16, 3-2) por unha do As Pontes (1-2 na 93/94) e dous empates (0-0 e 1-1, 85/86 e 86/87).

Na presente campaña rexistrouse empate a dous goles no Poboado despois de ir gañando o As Pontes por 2-0, con goles de Ibu e Edi, chegando o empate definitivo no tempo de prolongación (minuto 95) por obra de Brais López. Antes marcara o primeiro do Barco Iván Vales no minuto 66.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (28ª xornada)
C.D. BARCO – C.D. AS PONTES
CAMPO DE CALABAGUEIROS (O Barco de Valdeorras)
Domingo 5 de Marzo de 2017 (17:00 h)
ÁRBITRO: JOSÉ MANUEL CIVES ENJO (A Coruña)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD AS PONTES – CEDEIRA SD
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 4 de Marzo de 2017 (16:30 h)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – NUMANCIA DE ARES
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 4 de Marzo de 2017 (12:00 h)

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
NUMANCIA DE ARES – CD AS PONTES
Campo de Prados Vellos (Ares)
Sábado 4 de Marzo de 2017 (16:30 h)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
SD O VAL “B” – CD AS PONTES
Campo de Sinde (O Val)
Sábado 4 de Marzo de 2017 (16:30 h)

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
RACING FERROL “C” – CD AS PONTES
Campo da Malata-2 (Ferrol)
Sábado 4 de Marzo de 2017 (12:15 h)
CD AS PONTES B – GALICIA DE MUGARDOS
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 4 de Marzo de 2017 (12:10 h)

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES (Descansa)
SD RÁPIDO NEDA “B” – CD AS PONTES “B”
Campo Municipal (Neda) – Xogado o mércores 1 (5-1)

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
SRD ÁNIMAS “B” – CD AS PONTES
Campo da Gándara (Ferrol)
Venres 3 de Marzo de 2017 (18:05 h)
CD AS PONTES B – RACING FERROL “B”
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 4 de Marzo de 2017 (11:00 h)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios