CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: RESULTADOS 3-4-5 / MARZO /2017

O As Pontes perdeu en Valdeorras 3-1 a pesar de xogar o equipo local cun menos durante 60 minutos. Vitorias do Feminino, Xuvenil, Infantil, os dous Alevíns e o Prebenxamín B

468

O As Pontes perdeu en Valdeorras 3-1 a pesar de xogar o equipo local cun menos durante 60 minutos. Vitorias do Feminino, Xuvenil, Infantil, os dous Alevíns e o Prebenxamín B

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (28ª xornada)
C.D. BARCO – C.D. AS PONTES (3-1)

Derrota do As Pontes na súa visita ó Barco de Valdeorras 3-1. E ademáis, das que doen, porque o equipo local quedou con dez aos 30 minutos por expuslión de Asier Molinos. A tempada pasada tamén se dera a mesma circunstancia, e tamén acabaran gañando os locais 3-2.

O feito de xogar cun home menos non amilanou ós ourensáns e antes do descanso adiantáronse tras un penalti anotado por Rubén García. No segundo tempo Javi Ballesteros daba a tranquilidade, e aínda que o traballador Diego Núñez recurtaba distancias, preto do final Iván Vales establecía o 3-1 definitivo.

Polo As Pontes apenas resaltar unha ocasión de Marcote e Pardo, e un tanto anulado ó xogador de Ortigueira.

Xogaron Paco, Criado, Buyo, Núñez, Callón, Rubio, Fran, Caique, Marcote, David (Ibu 75´) e Pardo.

A vindeira semana recibirán ó Arousa de Xurxo Otero, quinto, e agora a só tres puntos do play off.

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD AS PONTES – CEDEIRA SD (1-0)

Moi sufrido triunfo do equipo feminino ante o penúltimo clasificado Cedeira. Un gol de tiro cruzado de Paula Castro, o seu decimo segundo gol da tempada, a dous minutos do final, deu os tres puntos.

E iso que no segundo tempo tiveron moitas ocasións, en especial unha de Carlota e un gol presumiblemente mal anulado a Paula Baamonde. A pouco do final nunha perigosa falta a prol do equipo visitante puideron escapar os tres puntos pero na posterior xogada Paula deu a puntilla.

Seguen terceiras con 56 puntos, por 58 do val B. Destacar a primeira derrota da tempada do Maniños 0-1 ante o Racing de Ferrol, polo que as de Fene suman 63 puntos por 52 das ferrolás. Na vindeira xornada visitan ó Mandiá, sexto con 41.

Xogaron Leti, Noelia Santalla, Verónica Carballido, Nuria, Yoli, Noelia Ameneiro, Carolina Paz, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara, Yaiza e Carolina Rodríguez.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD NARÓN-CD AS PONTES (1-1)
CD AS PONTES – NUMANCIA DE ARES (4-1)

Boa semana do Xuvenil na que sacou catro puntos. No partido aprazado no seu día, xogado este luns de Entroido, empatou 1-1 en Narón. Adiantou David ós locais nada máis comezar o encontro, e foi o central Bruno o que rescatou un punto a pouco do final.

Xogaron Lino, Fraga, David, Bruno, Unai, Andrés, Carlos, Jaime, Cazás, Casas, Josiño, entrando no segundo tempo Iago, Chema e Manuel Romero.

Xa este sábado venceron por 4-1 ó anterior campión de Liga, Numancia de Ares. Un tanto en propia meta e outro de Sergio Cazás puxeron o 2-0 antes do descanso. Faltando 15 minutos sentenciaba Casas, e aínda que Carlos recurtaba distancias, outro tanto de Bruno, no derradeiro instante, daba o o 4-1 definitivo.

Xogaron Lino, Fraga, David, Bruno, Unai, Andrés, Iago, Jaime, Cazás, Casas, Josiño, entrando despois Carlos, Manuel Romero, Meidán e Derick.

Segue liderando a táboa o Meirás con 34 puntos e un encontró menos, seguido de As Pontes e Eume con 28. Na vindeira xornada visitan ó sempre perigoso Ensanche, sexto.

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
NUMANCIA DE ARES – CD AS PONTES (5-4)

Triste derrota do equipo cadete que se chegou a adiantar no marcador ata por tres veces, 0-1, 1-2 e 2-4, para acabar perdendo 5-4 ante o segundo clasificado. Dous tantos de Jose, e un de Vicente e Xan.

Sextos con 17 puntos, na vindeira xornada reciben ó Miño, quinto. Xogaron Juan, Eyob, Nono, Santi, Antonio, Antón Paz, Adrián, Chema, Vicente, Xan, Jose, e despois Xavi, Xoel, Azoin, Brais e Mohamed.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
SD O VAL “B” – CD AS PONTES (1-3)

O Infantil venceu en Sinde 1-3. Adiantáronse por medio de Jandro, empatando Tomás antes do descanso, pero dous goles de Manuel Novo no segundo tempo deron outro triunfo que sitúa ó equipo terceiro con 17 puntos antes de recibir ó Miño, oitavo.

Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Xose, Sergio Hermida, Samuel, Dani, Hugo Blanco, Mario Fraga, Manuel, Jandro, Xoel, entrando despois Edgar, Sergio Paz, Mateo e Joao.

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
RACING FERROL “C” – CD AS PONTES (2-4)
CD AS PONTES B – GALICIA DE MUGARDOS (2-1)

Gran triunfo do Alevín A en Ferrol 2-4 para afianzar o liderado. Dous goles de Diego Purriños e Alex Montero. Líderes con 27 puntos, con catro de ventaxa sobre o Eume, recibe ó Narón O Freixo B, terceiro con 20.

O Alevín B venceu 2-1 ó cuarto clasificado Galicia de Mugardos, con dous tantos de Anxo Blanco. Sétimos con 13 puntos, visitan ó Racing de Ferrol B, noveno con 4.

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES (Descansa)
SD RÁPIDO NEDA “B” – CD AS PONTES “B” (5-0)

O Benxamín A descansou esta xornada, pero co empate do Ánimas en Valdoviño 5-5 manteñen catro puntos de ventaxa sobre os ferroláns e o Caranza C. Precisamente comezan a segunda volta visitando ó Meirás, cuarto. Son líderes con 27 puntos.

Derrota do Benxamín B na súa visita a Neda (5-0). Sextos con 10 puntos, reciben ó Racing de Ferrol B, terceiro.

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
SRD ÁNIMAS “B” – CD AS PONTES (2-2)
CD AS PONTES B – RACING FERROL “B” (7-0)

O Prebenxamín A empatou 2-2 na súa visita ó Ánimas B, tantos de Lucas Blanco e un en propia meta. Terceiros con 21 puntos, reciben na vindeira xornada ó Racing de Ferrol, segundo con 23.

Goleou o Prebenxamín B 7-0 ó Racing de Ferrol B, goles de Xoel Galego (4), Íker Díaz (2) e Brais Varela. Terceiros con 22 puntos, visitan ó Cebarca, segundo con 26.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios