11ª XUNTANZA DOS TRITÓNS DE SAA

Este sábado 4 de marzo preto de medio cento de antigos xogadores do desaparecido Club Os Tritóns de Saa reuníronse nun xantar de confraternidade nun coñecido restaurante da Vila pontesa.

1.287

Este sábado 4 de marzo preto de medio cento de antigos xogadores do desaparecido Club Os Tritóns de Saa reuníronse nun xantar de confraternidade nun coñecido restaurante da Vila pontesa. Esta foi a undécima edición desta xuntanza de antigos xogadores, a gran maioría orixinarios de Saa, o barrio máis poboado da parroquia de Vilavella, para lembrar vellos tempos da xuventude e dos bos momentos pasados practicando fútbol con auténtica afección.

A vestimenta deste desaparecido equipo era de cor verde e branca a franxas verticais e calzón branco, aínda que ó principio foi de cor verde cunha franxa negra no peito. Primeiro xogaban en herbeiras para despois facer un terreo de xogo no lugar de Saa de Arriba. En ocasións reforzábase con xogadores dos históricos Calvo Sotelo e Endesa.

Os Tritóns de Saa, tamén coñecido como Deportivo Saa, foi un daqueles equipos non federados que existiron no concello de As Pontes alá polas décadas dos anos sesenta e setenta do século pasado, que participaban en encontros amigables, principalmente no verán, nos torneos das diversas festas patronais das parroquias e lugares do concello e dos arredores.

Na década dos anos oitenta participou nunha liga que non tiña un carácter oficial. Este histórico equipo, recordado con nostalxia por moitos afeccionados, desapareceu hai preto duns corenta anos. Pero, os que formaron parte del tomaron a boa iniciativa de reunirse dende hai uns anos nun xantar de confraternidade para lembrar aqueles tempos pasados.

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios