O ESTEO FUTBOL SALA

Este domingo o Esteo recibe por primeira vez no pavillón da Fraga ó CD FS San José, de Salamanca

247

O conxunto salmantino fundouse no ano 2009 no seo da asociación de veciños Concejo del Tormes. Ascendeu este ano á categoría, pero non está a ter moita sorte, xa que ocupa a derradeira posición con só un partido gañado (3-4 na pista do Universidad de Valladolid), empatou dous (5-5 na casa contra o Xove e 6-6 na Coruña diante do Ventorrillo) e perdeu os 16 restantes. Xoga os seus partidos no polideportivo Frontón San José.

Pola súa banda, o Esteo segue na sexta posición con 28 puntos, pese a perder a anterior xornada en Benavente por 6-3.

No partido da sétima xornada disputado en pista salmantina, o Esteo gañou por 5-8.

SEGUNDA DIVISIÓN B (20ª xornada)
O ESTEO F.S. – C.D. FS SAN JOSÉ (Salamanca)
Domingo 12 – Marzo – 2017 (12:30 h)
Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)

ENCONTROS CATEGORIAS DE BASE

18ª XONADA LIGA PROVINCIAL DE LUGO

SÁBADO 11 MARZO ÁS 20:00 HORAS NO PAVILLÓN MUNICIPAL DA FRAGA (As Pontes)
O ESTEO F.S. “B” – F.S. SAMOS

LIGA DA TERRA CHÁ
SÁBADO 11 DE MARZO, PAVILLÓN MUNICIPAL DE AS PONTES

Categoría Infantil: O ESTEO F.S. – PASTORIZA (10,00)
Categoría Benxamin: O ESTEO F.S. – PASTORIZA (11.00)
Categoría Alevin: O ESTEO F.S. – PASTORIZA (11,50)

SÁBADO DÍA 11 DE MARZO, PAVILLÓN MUNICIPAL DE VILALBA

Categoría Prebenxamin: XERMADE – O ESTEO F.S. (11,20)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios