CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 10-11-12 / MARZO /2017

O Arousa complicado rival para o As Pontes este domingo no campo do Poboado

243

O As Pontes ten moi lonxe os postos da salvación e a estas alturas da competición, todo o que sexa sumar puntos aínda pode resultar insuficiente. A falta de dez xornadas para o remate da liga, segue de décimo oitavo na clasificación con só 18 puntos, a 17 do Alondras, equipo que marca a permanencia.

E por se isto non fora pouco, este domingo vén ó Poboado o Arousa, quinto clasificado e a tres puntos da promoción de ascenso, con 13 vitorias, 10 empates e tan só cinco derrotas.

Na primeira volta no campo da Lomba, o As Pontes gañaba por 1-2 no minuto 90. No 92 os arousáns empataron e no 95 acadaron a vitoria (3-2), un resultado no que influíu a mala arbitraxe. Foi un deses partidos no que o As Pontes deixou escapar puntos cando o tiña todo ó seu favor, ben con resultado final de empate ou ben con derrotas.

Dende o primeiro enfrontamento oficial entre os dous equipos, na tempada 1964/65 (3ª División) con empate a un gol, os vilagarciáns visitaron o Poboado en 18 oportunidades máis, con 5 vitorias locais por 7 dos visitantes e seis empates máis, con 17 goles marcados por cada equipo. Na Lomba, 10 vitorias do Arousa, 3 dos ponteses e 7 empates.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (29ª xornada)
C.D. AS PONTES – AROUSA S.C.
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
Domingo 12 de Marzo de 2017 (17:00 h)
ÁRBITRO: JAVIER PÉREZ PRADO (Lugo)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
MANDIÁ CF – CD AS PONTES
Campo de Boavista (Mandiá, Ferrol)
Domingo 12 de Marzo de 2017 (11:30 h)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
ENSANCHE CF – CD AS PONTES
Campo da Gándara-1 (Ferrol)
Sábado 11 de Marzo de 2017 (11:40 h)

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – AD MIÑO
Campo do Poboado (As Pontes)
Venres 10 de Marzo de 2017 (18:00 h)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – AD MIÑO
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 11 de Marzo de 2017 (11:00 h)

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – NARÓN O FREIXO “B”
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 11 de Marzo de 2017 (10:30 h)
RACING DE FERROL “B” – CD AS PONTES “B”
Campo da Malata (Ferrol)
Venres 10 de Marzo de 2017 (19:00 h)

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
MEIRÁS CF – CD AS PONTES
Campo da Malata (Ferrol)
Sábado 11 de Marzo de 2017 (12:15 h)
CD AS PONTES “B” – RACING DE FERROL “B”
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 11 de Marzo de 2017 (12:45 h)

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – RACING DE FERROL
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 11 de Marzo de 2017 (11:40 h)
UD CEBARCA – CD AS PONTES “B”
Campo Municipal (A Barqueira)
Sábado 11 de Marzo de 2017 (12:00 h)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios