Liga Local de Futbol Sala

O vindeiro domingo día 12 de Marzo retomarase a actividade na Liga Local de Futbol Sala, despois do paron sufrido pola ocupación do pavillón municipal, coa disputa da xornada número 16.

229

O vindeiro domingo día 12 de Marzo retomarase a actividade na Liga Local de Futbol Sala, despois do paron sufrido pola ocupación do pavillón municipal, coa disputa da xornada número 16.

Unha xornada que arrancará as catro da tarde co encontro entre A Cova dos Trasnos e o colista o N.G. UB2 Futsal no que A Cova dos Trasnos non debería sufrir apuros para conseguir os tres puntos.

A continuación veranse as caras o Pinturas Colormix e Ribadeume F.S. que loita pola sexta praza que da acceso directo aos cuartos de final da Copa Local de Futbol Sala.

Praza que ocupa o Husse-Barbarroja que as seis da tarde enfrontarase a un duro rival como é o Bar Calvo que esta inmerso na loita polo liderato da competición.

As Sete da tarde o líder a Unión Futbol Sala medirá as suas forzas con O Esteo F.S. “B” encontro no que ambos equipos buscarán os tres puntos en xogo con finalidades distintas. A Unión Futbol Sala quererá os tres puntos para continuar no mais alto da clasificación mentrás O Esteo F.S. “B” buscará victoria para tentar eludir a fase previa da Copa.

Os oito da tarde terá lugar o que sen dúbida será o encontro desta xornada. Matojoma-Las Torres e Estanco Maricarmen separados por 4 puntos na clasificación xeral veranse as caras nun encontro que promete ser moi igualado e no que o Matojoma-Las Torres tentará buscar a victoria para meter presión ao seu rival neste partido. Mentras o Estanco Maricarmen xa saberá o que fixeron os seus predecesores e buscará a victoria para continuar ou recortar distancia cos seus predecesores na clasificación.

A continuación deixamosvos cos horarios dos encontros desta xornada nº 16, antepenúltima do campeonato ligueiro.

16:00 h. A COVA DOS TRASNOS – N.G. UB2 FUTSAL
17:00 h. PINTURAS COLORMIX – RIBADEUME F.S.
18:00 h. HUSSE-BARBARROJA – BAR CALVO
19:00 h. UNION FUTBOL SALA – O ESTEO F.S. “B”
20:00 h. MATOJOMA-LAS TORRES – ESTANCO MARICARMEN

Nova cortesía de Moises Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios