CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: RESULTADOS 10-11-12 / MARZO /2017

Vitorias do Xuvenil, Infantil e Benxamín A

372

Vitorias do Xuvenil, Infantil e Benxamín A

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
MANDIÁ CF – CD AS PONTES (2-2)

O equipo feminino empatou 2-2 na súa complicada visita ó sexto Mandiá. Comezaban perdendo co tanto de Alba, pero Noelia Ameneiro empataba pouco antes do descanso. Preto do final, Lydia voltaba a poñer por diante ás verdes, pero Paula Baamonde cun tanto no derradeiro minuto rescataba un punto.

Terceiras con 57 puntos, reciben ó perigoso Racing de Ferrol, cuarto con 55, pero cun encontro menos. Xogaron Leti, Noelia Santalla, Uxía, Yaiza, Noelia Ameneiro, Carolina Rodríguez, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde e Alba.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
ENSANCHE CF – CD AS PONTES (1-2)

Bo triunfo do xuvenil pontés, e remontando, en Ferrol, ante un equipo que nunca se lle deu especialmente ben, o Ensanche. Comezaban gañando os locais con tanto de Manuel, pero un gol de Casas, e outro de Iago faltando cinco minutos, daban os tres puntos.

Terceiros con 31 puntos, empatados co Eume, na vindeira xornada reciben ó colista cun punto Cariño. Xogaron Lino, Fraga, David, Bruno, Unai, Andrés, Iago, Jaime, Cazás, Casas, Josiño, e despois entraron Carlos, Meidán e Manuel Romero.

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – AD MIÑO (2-3)

O Cadete pontés perdeu 2-3 un partido que gañaba 2-0, ambos tantos de Vicente, no minuto 74. Pero faltando apenas seis minutos, dous tantos de David, e un de Sergio co tempo cumprido déronlle a vitoria ós visitantes.
Sétimos con 17 puntos, visitan á Cultural Maniños, que ten a mesma puntuación e que na ida gañou no Poboado 2-3. Xogaron Juan, Eyob, Nono, Santi, Antonio, Antón Paz, Adrián, Chema, Vicente, Xan e Jose, saíndo despois Antón Cillero, Xavi, Xoel e Jorge.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – AD MIÑO (4-2)

Vitoria do Infantil 4-2 ante o Miño. Pese a comezar perdendo con tanto de Óscar, catro tantos consecutivos en 15 minutos, con descanso entremedias, de Xoel Purriños (2), Manuel Novo e Eyob Santamariña, sentenciaron o encontro, maquillando o marcador Gabriel preto do final.

Son terceiros con 20 puntos antes de recibir ó CD Narón B, segundo e empatado a puntos co líder Galicia de Mugardos, 28. Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Xose, Mario Fraga, Samuel, Dani, Hugo, Eyob, Manuel, Jandro, Xoel, entrando despois Sergio Hermida, Edgar, Sergio Paz e Mateo.

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – NARÓN O FREIXO “B” (3-7)
RACING DE FERROL “B” – CD AS PONTES “B” (2-2)

O Alevín A notou en exceso a baixa de Alex Montero, concentrado coa selección galega, e o bo xogo dos naroneses, que golearon este sábado por un contundente 3-7, goles de David Cendán, Eloy Pita e Diego Purriños, o que aproveitou o Eume, coa súa apretada vitoria en Caranza 3-4, para poñerse a un punto, e os naroneses a catro. Lideran con 27 puntos antes de recibir ó Racing de Ferrol B, noveno.

Empate do Alevín B 2-2 en Ferrol, ambos tantos de Anxo Blanco, que igualou o 2-0 da primeira metade. Sétimos con 14 puntos, visitan ó Cariño, oitavo con 13.

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
MEIRÁS CF – CD AS PONTES (3-6)
CD AS PONTES “B” – RACING DE FERROL “B” (2-2)

Bo triunfo do Benxamín A 3-6 en Valdoviño, goles de Destaw Pellón (2), Sergio Vázquez (2), Diego Lozano e Alejandro Leal. Segue líder con 30 puntos, catro por riba do Caranza C, ó que reciben na seguinte xornada nun partido clave para dilucidar o primeiro posto.

O Benxamín B empatou 2-2 contra o Racing de Ferrol B, goles de Diego Solano e Diego Ortigosa. Sextos con 11 puntos, visitan ó colista sen puntuar Perlío.

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – RACING DE FERROL (1-1)
UD CEBARCA – CD AS PONTES “B” (3-1)

Bo empate do Prebenxamín A ante todo un Racing de Ferrol, que se comezaba adiantando por medio de Adrián, pero Xandre Domínguez establecía a igualada definitiva antes do descanso. Terceiros con 22 puntos no grupo dos mellores, visitan ó Galicia de Caranza, oitavo.

Derrota do Prebenxamín B en Cerdido ante o segundo clasificado, 3-1, tanto da honra de Xoel Galego. Cuartos con 22 puntos, reciben ó Meirás, sétimo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios