LIGA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2016/17

Segue a loita polo título de liga a falta de dúas xornadas para o remate da competición

387

De novo unha xornada con moitos goles, pois en tres partidos totalizáronse 27 tantos, ós que hai que sumar os 5 dos outros dous enfrontamentos.

Clara e contundente vitoria do líder Fisioterapia DC-HIM&HER sobre Bar Xardin (6-1). Tamén moitos goles (3 en propia porta) no partido La Galaxia-Farmavida, con vitoria axustada dos galácticos por 6-5, que seguen á espera dun tropezo do líder nas dúas xornadas que quedan para o final. Nove goles no encontro entre A Cepa e Mobles Eume (3-6). Vitorias de As Pontes 74 ante Electricidad J&O (0-2) e de Galiorient sobre MMYPEM (2-1).

É líder en solitario Fisioterapia DC-HIM&HER con 39 puntos, seguido a tres por La Galaxia. Na terceira praza está Mobles Eume con 31 puntos. Xa máis distanciados As Pontes 74 con 25 puntos, MMYPEM, con 22; Farmavida, Bar Xardín e Galiorien, con 20 puntos, A Cepa con 15 e pecha a clasificación, con só 7 puntos, Electricidad J&O.

Grazas ós tres tantos anotados nesta xornada, Iván, de Fisioterapia DC-HIM&HER, encabeza a clasificación de goleadores con 27 tantos. Na segunda posición está Fernández (A Cepa), con 25. Xa máis distanciados atópanse Martín (Mobles Eume), con 15, e Tomás (Galiorient) e Fontao (La Galaxia), con 14 goles.

A vindeira fin de semana dispútase a xornada 13ª que fora suspendida polo mal tempo. Especial interese teñen os choques dos dous primeiros, Fisioterapia DC-HIM&HER – Galiorient (Dom. 19, 11:00h) e La Galaxia – A Cepa (Dom. 19, 12:00 h).

17ª XORNADA 11-12 / Marzo / 2017

Electricidad J&O – As Pontes 74 (0-2) Javi e Platas
A Cepa – Mobles Eume (3-6) Fernández e Ramón (2) / Piña (2), Pepe (2) e Martín (2)
Fisioterapia DC-HIM&HER – Bar Xardín (6-1) Iván (3), David (2) e Durán / Cazás
Galiorient – MMYPEM (2-1) Tomás e Juan / Óscar
La Galaxia – Farmavida (6-5) Juan (2), Nené, Fontao e propia porta (2) / Rafa (3), Tino e propia porta

13ª XORNADA 18-19 / Marzo / 2017

MMYPEM – As Pontes 74 (Sáb. 18, 19:00 h)
Electricidad J&O – Mobles Eume (Sáb. 18, 20:00 h)
Bar Xardín – Farmavida (Dom. 19, 10:00 h)
Fisioterapia DC-HIM&HER – Galiorient (Dom. 19, 11:00h)
La Galaxia – A Cepa (Dom. 19, 12:00 h)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios