CAMPAÑA DE MICROMECENADO PARA O ESTUDO DA BIOPSIA LÍQUIDA DE ONCOMET

Voluntarios colaboradores co grupo de Oncoloxía Médica Translacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Oncomet) informarán nas Pontes da campaña de micromecenado posta en marcha por este grupo de investigación coa que pretende involucrar a todos os cidadáns na financiación colaborativa e desinteresada dun novo proxecto de investigación oncolóxica: a biopsia líquida.

259

BUSCANDO MECENAS NAS PONTES

Mesa informativa

Voluntarios colaboradores co grupo de Oncoloxía Médica Translacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Oncomet) informarán nas Pontes da campaña de micromecenado posta en marcha por este grupo de investigación coa que pretende involucrar a todos os cidadáns na financiación colaborativa e desinteresada dun novo proxecto de investigación oncolóxica: a biopsia líquida.

As mesas informativas situaranse de 11,00 a 13,00 horas na Rúa Alexandre Bóveda, s/n

Conferencia-coloquio: Galicia na vangarda da investigación oncolóxica
As 20.30 horas na Casa Dopeso

A Casa Dopeso Das Pontes acollerá unha conferencia a cargo da da investigadora do grupo Oncomet, a Dra. María de la Fuente, que explicará os pormenores e as vantaxes desta nova técnica que está a revolucionar o mundo da oncoloxía: a biopsia líquida.

O acto contará tamén coa intervención da Dra. Francisca Vázquez Rivera, médico especialista en oncoloxía média.

Precisamente para continuar coa súa liña de investigación en biopsia líquida, Oncomet está a desenvolver unha campaña de micromecenado coa intención de conseguir 500.000 euros destinados á compra de aparatos e á contratación do persoal necesario para seguir a investigar. A campaña está a bater records de recadación cidadá.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios