AS PONTES COLABORA NA INVESTIGACIÓN SOBRE A BIOPSIA LÍQUIDA

O grupo de Oncoloxía Médica Translacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela  (Oncomet) pedía hoxe a colaboración en As Pontes para a campaña de micromecenado coa que pretende involucrar a toda a sociedade civil galega na financiación colaborativa e desinteresada dun novo proxecto de investigación oncolóxica: a biopsia líquida.

437

Foron moitos os vecinos das Pontes e comarca que visitaron as mesas informativas situadas na rúa Alexandre Bóveda a través das cales Oncomet daba a coñecer as vantaxes desta innovadora técnica que logra extraer a información de todo o material tumoral ofrecendo resultados case a tempo real.

Todos aqueles interesados en colaborar nesta campaña de micromecenado que situaría a Galicia na vangarda da investigación oncolóxica poden a través da web www.oncomet.es ou chamando ao 981 955 344.

A biopsia líquida é un dos campos máis prometedores no mundo da oncoloxía dos últimos tempos nos que Oncomet leva a traballar máis de cinco anos. Os fondos que se consigan nesta campaña permitirían a contratación do persoal necesario así como a compra do equipamento preciso para continuar con esta investigación

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios