TERCEIRA DIVISIÓN. SD ORDES 0 – CD AS PONTES 1

O As Pontes suma a súa cuarta vitoria da tempada ó vencer en Vista Alegre nos últimos minutos.

505

Un gol de Jaime no último suspiro deu o triunfo ó As Pontes no partido adiantado á xornada do sábado disputado ante o Ordes en Vista Alegre.

Xogaban na tarde de hoxe, o Ordes, descendido matemáticamente a xornada pasada a Preferente, e un As Pontes moi afundido na clasificación.

Eran os de Marco Roca os que avisaban primeiro, cun remate de cabeza de Núñez, que se marcha alto por moi pouco (2´). O propio xogador lucense tivo outra de cabeza inmellorable, en xogada a balón parado, pero quizáis chegou un pelín adiantado ó balón (35´).

Posteriormente é Marcote o que fai estirarse a Alberto nun remate pegado ó poste (39´), e noutro saque de córner é Callón quen remata de cabeza chegando ó segundo pau, e o balón pasease pola área e marcha rozando o primeiro poste (40´).

Nas postrimerías do primeiro período desmelenouse un pouco o conxunto local, e tras unha perda de balón de Caique, despexa de cabeza Prieto un perigoso centro ó área (42´). Despois, tiro axustado de Abel que desvía Paco (44´), e antes do descanso é Buyo quen atalla unha perigosa internada de Kevin, que encaraba a Paco (45´).

No segundo tempo comezaron con máis brío os locais, e achegáronse cun disparo cruzado de Kevin (48´), e unha boa cabezada de Patryk tras saque de córner (50´).

O As Pontes respondeu con unha falta botada por Caique, que fai estirar a Alberto (57´), e moi clara a tivo en xogada a balón parado Callón, que cabeceou forte a porta, quizais algo centrado, e o meta local fixo unha gran parada (68´).

No últimos minutos, presionaban máis os locais, mentres o As Pontes buscaba as contras. Perigoso centro ó área de Pablo, que despexa Callón a banda (80´).

Foi preto do final e cando o empate se comezaba a dar por bo por ambos conxuntos, que o xove fenés de 18 años, Jaime Leira, empalmou un balón dende o borde da área, pasa por riba do meta local, que non o alcanza, peta no poste e acaba entrando (86´).

Nos últimos minutos os verdes buscaron as táboas, pero o As Pontes defendeuse ben, e incluso puido sentenciar nunha xogada con moitos rebotes, na que a piques está Núñez de alcanzar o balón antes que o meta local (93´).

Non houbo tempo para máis, e os locais seguen con 9 puntos, antes de visitar ó Dubra, o único equipo ó que lle gañaron nesta campaña, mentres o As Pontes continúa na antepenúltima praza, agora con 21 puntos, e 4 vitorias, antes de recibir ó Vilalonga.

Undécima vitoria pontesa en encontro oficial no Campo do Ordes, polas nove vitorias locais e cinco empates.

0 SD ORDES. Alberto, Óscar, Pablo, Juan, Rubén, Alberto Varela, Kevin (Rodrigo 63´), Patryk (Said 87´), Darío, Manu, Abel (Martín 88´).

1 CD AS PONTES. Paco, Criado, Buyo, Callón, Prieto (Jaime 51´), Rubio, Caique (Pablo Ramos 64´), Núñez, Marcote, David, Pardo (Fran Cortés 64´).

Goles: 0-1, Jaime (86´)

Campo e incidencias: Campo Municipal de Vista Alegre. Máis de 100 espectadores. Tarde soleada. Partido correspondente á 30ª xornada.

Árbitro: Rubén Extremadura Hernández (Vigo). Auxiliado nas bandas por Lorenzo Álvarez e Varela Varela.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios