ACTUACIÓN DE BORJA PRIETO E ANTONIO POLO NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE INVERNO

Esta fin de semana iniciouse a tempada de piraguismo en Sevilla

389

Esta fin de semana disputáronse en Sevilla os Campionatos de España de Inverno.

O sábado foi a proba dos dous kilómetros, mentres o domingo a gran final dos cinco mil metros.

Nos dous mil metros, participaron 151 palistas, entre eles, os ponteses Borja Prieto e o incombustible Antonio Polo, e impúxose o gran piragüista talaverán Paco Cubelos (8:04:41), seguido polos olímpicos Íñigo Peña (8:06:54) e Óscar Carrera (8:07:98).

Borja remataba 32º con 8:29:85, e Antonio 52º con 8:37:61. Os seus compañeiros do Covadonga, o gañador do Sella, Javi Hernanz rematou sétimo e o tricampión mundial Álvaro Fernández Fiuza, décimo quinto.

Xa o domingo nos cinco kilómetros, os protagonistas foron os integrantes do Kayak Tudense, Gabriel Campo (19:48:73), que se impuxo por diante do seu habitual compañeiro de K2, Rubén Millán (19:49:44). Terceiro foi o campión mundial sub23, Albert Martí (19:50:22). Os tres piragüistas tiveron gran mérito pois foron os únicos que baixaban de 20 minutos.

Antonio Polo finalizaba 46º con 21:59:28, e Borja Prieto 65º con 23:00:92. Outra vez Javi Hernanz finalizaba sétimo e Álvaro Fiuza, décimo quinto.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios