Liga Local de Futbol Sala

O vindeiro Domingo día 26 de Marzo disputarase a xornada número 17 da Liga Local de Futbol Sala, penúltima dunha tempada das mais igualadas dos últimos anos con tres equipos loitando por conseguir o título de liga.

304

O vindeiro Domingo día 26 de Marzo disputarase a xornada número 17 da Liga Local de Futbol Sala, penúltima dunha tempada das mais igualadas dos últimos anos con tres equipos loitando por conseguir o título de liga.

Esta xornada arrincará as catro co encontro entre o Estanco Maricarmen e o Pinturas Colormix, encontro onde ningún dos dous equipos se xoga nada algo que fai tempo que non ocorria a estas alturas da competición.

As cinco da tarde enfrontaranse O Esteo F.S “B” e o Husse-Barbarroja que loitaran pola sexta praza que da acceso directo aos cuartos da Copa Local 2017 posición que ocupa o Husse-Barbarroja a tan só un punto de ventaxa sobre O Esteo F.S. “B” polo que se prevé que sexa un encontro moi disputado entre dous equipos que aspiraban a mais esta tempada.

Acontinuación Ribadeume F.S. e a Unión Futbol Sala veranse as caras onde a Unión Futbol Sala situada no terceiro posto da clasificación a tan só un punto dos líderes buscará os tres puntos en xogo para meterlles presión aos dous conxuntos que a precedecen.

As sete da tarde o Matojoma-Las Torres situado cómodamente na quinta praza enfrontarase ao colista o N.G. UB2 Futsal que só conseguiu un punto en todo o campionato polo que o Matojoma-Las Torres é claro favorito a conseguir a victoria.

O prato forte da xornada será sen dúbida o encontro que ás oito da tarde disputaran o Bar Calvo e A Cova dos Trasnos. Ambos conxuntos están empatados a 37 puntos na cabeza da táboa clasificatoria polo que será un partido moi intenso no que ambos equipos buscaran a victoria dende o pitido inicial, victoria que lles permitirá tocar o trofeo de campión de liga coa punta dos dedos xa que na derradeira xornada ambolos dous equipos enfrontaranse a rivais a priori asequibles.

A continuación deixamosvos cos horarios dos encontros desta xornada

16:00 h. ESTANCO MARICARMEN – PINTURAS COLORMIX
17:00 h. O ESTEO F.S. “B” – HUSSE-BARBARROJA
18:00 h. RIBADEUME F.S. – UNION FUTBOL SALA
19:00 h. MATOJOMA-LAS TORRES – N.G. UB2 FUTSAL
20:00 h. BAR CALVO – A COVA DOS TRASNOS

Nova cortesía de Moises Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios