SEMIFINAL PLAY OFF ASCENSO. CR FENDETESTAS – CD ZALAETA.

O equipo pontés xoga as semifinais este sábado ás 17:00 horas

348

Tralo remate da Liga Regular, que trala disputa de algúns encontros aprazados quedou definitivamente deste xeito: Crat B 54, Fendetestas 44, Zalaeta 37, Santiago 32, Vigo B 29, Ourense B 12 e Barbanza 6, esta fin de semana xóganse as eliminatorias.

Este sábado dispútase, a partido único, a semifinal da fase de ascenso á Primeira Territorial Galega entre o Fendetestas pontés e o Zalaeta de Arteixo, segundo e terceiro clasificado da Liga Regular.

Pola outra praza na final xogarán o domingo o campión Crat A Coruña B contra o cuarto, Santiago RC. Os vencedores de ambos duelos xogarán a final, tamén a partido único.

O gañador ocuparía a praza do descendido Muralla de Lugo e o perdedor da final xogaría outro play off contra o penúltimo clasificado de Primeira, o Mareantes de Pontevedra.

SEMIFINAL PLAY OFF ASCENSO
CR FENDETESTAS – CD ZALAETA
Sábado 25 – Marzo – 2017 (17:00)
Campo Monte Medulio

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios