SEMIFINAL PLAY OFF DE ASCENSO. CR FENDETESTAS 15 – CD ZALAETA 19

O equipo de Arteixo xogará a final contra o Crat A Coruña B ou o Santiago.

327

Non puido o Fendetestas pontés gañar a súa semifinal ante o Zalaeta de Arteixo. Na Liga Regular venceu nos dous encontros, 38-19 e 15-28, pero nesta competición a partido único non puido impoñerse a pesares de xogar coma local.

Nunha tarde moi chuviosa no Campo Monte Medulio, e nun partido moi igualado, chegouse con 12-7 ó descanso, aínda que no comezo da segunda metade puxeronse por diante os visitantes 12-14, con ensaio e transformación.
Tentáronno os verdes, e tiveron dúas ocasións moi moi claras, pero quedáronse ás beiras da líña de ensaio, téndose que conformar cun golpe de castigo que os situaba 15-14 no marcador.

Pero faltando pouco o Zalaeta anotou un ensaio que colocaba o 15-19 que sería definitivo. Quedaban poucos minutos para o final e os visitantes souberon controlar a súa ventaxa e prantarse na gran final.

Vingaronse así do axustado 6-5 do ano pasado en similar eliminatoria á de hoxe. Ensaios de Toño e Rober, xogador que anotou tamén un dos lanzamentos a paus, e un golpe de castigo.

O Zalaeta defrontará na final presumiblemente contra o Campión de Liga, Crat de A Coruña B, que mañá xoga a súa praza co Santiago.

O gañador desa final ascenderá e ocupará a praza do descendido Muralla de Lugo, mentres que o perdedor xogará unha repesca contra o penúltimo da Primeira Galega, o Mareantes de Pontevedra.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios