CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: RESULTADOS 24-25-26 / MARZO /2017

Triunfos do Infantil, e os dous Benxamíns e Prebenxamíns

413

Triunfos do Infantil, e os dous Benxamíns e Prebenxamíns

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
EFB AMISTADE MEIRÁS – CD AS PONTES (1-1)

Empate do Feminino no seu desprazamento a Valdoviño. Noelia Ameneiro adiantou ó equipo no primeiro tempo co seu oitavo gol da tempada, pero Jasmina empataba no segundo.

Cuartas con 58 puntos, reciben ó Eume, decimo tercreiro. Xogaron Leti, Noelia Santalla, Uxía, Yoli, Noelia Ameneiro, Carolina Rodríguez, Xeila, Paula Castro, Paula Baamonde e Alba.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES (Descansa)
O Xuvenil descansou nesta xornada. Terceiros con 34 puntos, por detrás de Meirás (43) e Eume (35), na vindeira xornada visitan ó Galicia de Mugardos, cuarto.

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – SRD ÁNIMAS (1-5)

Perdeu 1-5 o Cadete co líder invicto Ánimas, tanto da honra de Vicente. Sétimos con 20 puntos, reciben ó CD Narón B, que ten os mesmos puntos.

Xogaron Juan, Nono, Antonio, Santi, Antón Paz, Chema, Adrián, Xoel, Vicente, Xan, Jose e despois entraron Jandro, Xavi, Azoin, Brais e Mohamed.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CEDEIRA SD – CD AS PONTES (1-2)

Vitoria do Infantil en Cedeira 1-2. Jandro e Manuel Novo adiantaron ós ponteses, e xa preto do final Mathias recurtaba distancias.

Terceiros con 23 puntos, reciben ó Numancia, quinto. Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Xose, Mario Fraga, Samuel, Eyob, Adrián, Jandro, Manuel, Hugo, Xoel, e despois Alejandro, Dani, Edgar, Sergio Hermida e Rubén.

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
CD SAN SADURNIÑO – CD AS PONTES (2-2)
CD AS PONTES “B” – EUME DEPORTIVO (3-11)

Paso atrás do Alevín A na súa loita pola Liga, pois empatou 2-2 co colista San Sadurniño, e gracias, pois ía perdendo 2-0, e dous tantos de Alex montero, un de penalti, rescataron un punto. O Alevín B caeu goleado 3-11 polo agora líder Eume, dous tantos de Anxo Blanco e un de Israel Varela. O A é segundo con 31 puntos, a un do Eume, e reciben ó Caranza, sétimo, e o B, oitavo con 15, visitan ó R.Ferrol C, quinto.

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
FC ORTIGUEIRA – CD AS PONTES (1-5)
CD AS PONTES “B” – CEDEIRA SD (2-1)

Vitoria do Benxamín A en Ortigueira 1-5, tantos de Adrián Díaz (2), Íker Ares, Destaw Pellón e Diego Lozano. Líderes con 33 puntos, reciben ó colista sen puntuar O Val B.

O Benxamín B gañou 2-1 ó Cedeira, tantos de Diego Ortigosa e Diego Solano. Sextos con 14 puntos, visitan ó Miño, oitavo.

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – NUMANCIA DE ARES (6-0)
CULTURAL MANIÑOS SD – CD AS PONTES “B” (2-6)

O Prebenxamín A gañou 6-0 ó Numancia, tantos de Xandre Domínguez (3), Xabi Álvarez, Nacho Villasuso e Felipe Riveira. Terceiros con 28 puntos no grupo dos mellores, visitan ó líder O Freixo, que ten 31.

Contundente triunfo do Prebenxamín B 2-6 na casa do líder Cultural Maniños, goles de Íker Díaz (3), Xoel Galego (2) e Martín Laherrán. Quintos con 28 puntos, reciben ó Cedeira, terceiro.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios