SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA. LEIS PONTEVEDRA – O ESTEO FS. (5-1)

Segunda derrota consecutiva dos ponteses ante un dos últimos clasificados

275

O Esteo pontés voltou facer un mal partido ante un dos rivais da zona baixa. Si hai unhas semanas perdeu 3-6 contra o que era colista, San José, este sábado caeu por un contundente 5-1 ante o que era penúltimo clasificado, equipo que anteriormente só lograra dúas vitorias, e pola mínima.

Ben é certo que o equipo pontés, acudía sen Javichu, Héctor e Ayala, e durante o encontro lesionábase Lito. Ao descanso chegouse con 1-1, os pontevedreses situáronse 3-1 no segundo período e xa con porteiro xogador chegaron outros dous tantos máis ata o 5-1 definitivo.

Oitavos con 28 puntos, na vindeira xornada reciben ó terceiro implicado nos postos de descenso consecutivo, o Boal asturiano.

FICHA DO PARTIDO
LEIS PONTEVEDRA: Fiou, Sancho, Pablo Durán, Berto, Borja –cinco inicial- Barcala, Dani, Nico, Gus, Carlos, Martín, Mauro.
O ESTEO FS: Iván, Gerardo, Púas, Lito, Rober Paz –cinco inicial- Alex Garea, Jaco, Jandro, Pedro.
ÁRBITROS: Corral Martínez, Fernández Becerra, Somoza Copa. Amarelas a Nico e Pablo Durán.
GOLES: Min. 9 (1-0), Berto. Min. 14 (1-1), Rober Paz. Min.28 (2-1), Sancho. Min. 32 (3-1), Nico. Min.38 (4-1), Carlos. Min. 39 (5-1), Barcala.
INCIDENCIAS: Vixéximo primeira xornada de Liga do grupo primeiro da Segunda División B, oitava da segunda volta, disputado no Pavillón Municipal Monte Carrasco, en Marcón, ante uns 150 espectadores.

LIGAS DA TERRA CHÁ
Categoría Infantil: BEGONTE FS – O ESTEO F.S. (5-1)
Categoría Alevin: COSPEITO – O ESTEO F.S. (0-3)
Categoría Benxamin: MEIRA FS – O ESTEO F.S. (2-1)
Categoría Prebenxamin: VILALBA FS – O ESTEO F.S. (1-7)

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios