TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 – VILALONGA FC 3

Vitoria en o Poboado dun Vilalonga que se alonxa dos postos de descenso ante un As Pontes que estrelou dous balóns na madeira con empate a 1-1.

393

Vitoria en o Poboado dun Vilalonga que se alonxa dos postos de descenso ante un As Pontes que estrelou dous balóns na madeira con empate a 1-1.

Nova derrota do As Pontes en O Poboado, terceira consecutiva, nesta ocasión ante o Vilalonga, que respira un pouco, e con 43 puntos alónxase do teórico quinto descenso por arrastre, antes de recibir ó matemáticamente descendido hoxe, a pesar de gañar, cousa que non facía dende a 13ª xornada, Dubra. Virtualmente en Preferente queda tamén o conxunto local.

Avisou Álvaro de disparo cruzado (3´), e adiantábanse os visitantes na primeira ocasión do encontro, centra Javi Pazos ó que ningún zagueiro consegue facer fronte, e entrando por banda dereita Padín, regatea fácil a Buyo, e coloca o balón no segundo pau (8´).

Outro partido costa arriba para o As Pontes, que xa de por si é o segundo equipo menos goleador da categoría, e fai uns días perdeu ó seu dianteiro Ibu para o que resta de tempada. Tras saque de falta, estorba o xusto un defensa a Callón para que este cabecee desviado (20´).

Pese a non crear grandes ocasións os visitantes, non estaba contundente a zaga local, e daban sensación de perigo. Renda (23´) e Pazos (25´) rematan por alto sendos balóns mortos.

Pero foi xusto antes do descanso, que o peleón Pardo realiza un forte disparo dende fora da área que entra raso axustado polo primeiro pau (44´), sumando o seu quinto gol da tempada o de Ortigueira.

No inicio do segundo tempo foi milagreiro que os locais non marcasen. A un palmo de portería, cabezazo ó longueiro de Marcote (51´), o propio xogador de Fisterra revólvese e o seu forte disparo dende fóra da área peta no poste (56´), ou con anterioridade, remate de Buyo dentro da área, que saca con unha mano Parada (48´). Resaltar tamén dous remates por alto de Pablo Ramos, ou unha falta rasa de Buyo.

Pero o que perdoa acaba pagando, e así, nunha contra, marca Cerqueira de forte disparo dende fóra da área con non moita oposición (58´), recordando algo ó golazo de Dino Baggio contra España en EEUU 1994. E puido sentenciar Javi Pazos na xogada seguinte, cando ó borde do fora de xogo queda só, regatea a Paco, e coa porta baleira dispara alto (59).

Tras unha internada por banda esquerda, remata Cerqueiras, e despexa Paco (62´). Non fallaron os pontevedreses na seguinte oportunidade, e tras un erro do recén entrado David, avanza só Javi Pazos e marca de forte disparo (77´), sumando o seu 14º gol da tempada.

O partido finiquitou con unha vermella a Callón por cortar en falta un avance en que o goleador pontevedrés se quedaba só (83´). O As Pontes con 21 puntos visita ó Rápido de Bouzas, que necesita os tres puntos para apuntalar o seu posto en play off tras perder hoxe 2-1 en Castro.

Segunda vitoria do equipo do Concello de Sanxenxo en O Poboado, polos dous empates, e cinco triunfos locais.

1 CD As Pontes. Paco, Criado (David 74´), Buyo, Callón, Prieto, Rubio, Ramos (Edi 65´), Diego, Marcote, Fran, Pardo.

3 Vilalonga FC. Parada, Santi, Álvaro, Renda, Adrián, Manu, Padín (Jose 69´), Bisti, Javi Pazos, Filgueira (Aarón 78´), Cerqueiras.

Goles: 0-1, Padín (8´), 1-1, Pardo (44´). 1-2, Cerqueiras (58´), 1-3, Javi Pazos (77´).

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 80 espectadores. Partido da 31ª xornada.

Árbitro: Alexandre López Vila (A Coruña). Auxiliado por Reborido Rodríguez e Rey Rodríguez. Expulsou a Callón con vermella directa (83´).

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios