ALEX MONTERO ESTARÁ NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

O torneo celebrarase en Castela León na segunda fin de semana de Abril.

824

O xogador pontés do Esteo, Alejando Montero Peteira, entrou na lista definitiva da Selección Galega de cara ó Campionato de España de Fútbol Sala, que se disputará en Castela Léon, concretamente entre Arévalo e Medina del Campo, do 7 ó 9 de Abril.

O futbolista pontés, e os seus once compañeiros, estarán no Grupo A, xunto ó equipo anfitrión e Extremadura. No outro grupo xogarán Andalucía, a Comunidade Valenciana, e Castela A Mancha. Os vencedores de cada grupo xogarán a final.

Xogaránse catro campionatos, o Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete. Os 12 convocados son os seguintes:

Asier Martínez Lorenzo (SCDR Galicia de Caranza)
Jorge Salleres Mauro
Alejandro Montero Peteira (O Esteo FS)
Esteban Araujo Escobar (ED Ourense)
Justino Barbosa Saco (ED Ourense)
Jaime Pan Pérez Puyol (Bertamiráns FC)
Adrián Vázquez Couceiro (Ural CF)
Miguel Rivas Castro (ED Lourenzá)
Brais Vidal Sánchez (ACD Xove)
Daniel Suárez Delgado (Redondela FS)
David Márquez Barreiro (Redondela FS)
Noel Folgueira Beceiro (Cidade de Narón)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios