O ESTEO FUTBOL SALA

O FS Boal, o único representante asturiano na categoría e novo colista, visita ó Esteo este sábado

521

O Esteo continúa en horas baixas. Un equipo do que se esperaba moito máis, incluso para quedar entre os tres primeiros, é sétimo cos mesmos 28 puntos que ten Atlético Benavente.

Leva catro xornadas sen gañar, cun empate na casa ante Pizarras Tres Cuñados e tres derrotas seguidas, a primeira en Benavente (6-3), despois na casa ante o colista San José polo mesmo resultado e a anterior xornada foi goleado en Pontevedra polo Leis (5-1), tres puntos que lle permitiron a este equipo saír da zona de descenso.

O Boal é o novo colista con só dous partidos gañados (na casa ante o San José por 5-4 e 3-4 na pista do Xove) e catro empatados. Na primeira volta, na localidade asturiana vitoria do Esteo por 2-6, que tamén venceu por 6-1 no primeiro enfrontamento no pavillón da Fraga na tempada anterior.

SEGUNDA DIVISIÓN B (22ª xornada)

O ESTEO F.S. – F.S. BOAL (Asturias)
Sábado 1 – Abril – 2017 (18:30)
Pavillón Municipal da Fraga (As Pontes)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios